Audición e Linguaxe

XOGOS EDUCATIVOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

O arquivo adxunto recolle un enlace da mestra Luisa de xogos educativos de audición e linguaxe para pasar un tempo de lecer.

SEGUIMENTO DE INSTRUCIÓNS... PLASTILINA CASEIRA!

 

Durante as vacacións de verán, apetécevos facer plastilina caseira?...

Se vos animades ides divertirvos e, ademais, para conseguilo, tedes que seguir as instrucións que vos deixo aquí debaixo, no documento adxunto e no vídeo, son moi faciliñas, tedes que estar moi atentos, e seguro que o conseguides.

Primeiro, tedes que saber que ingredientes necesitades.

Segundo, seguir os pasos da receita.

E, por último, gozar coa vosa plastilina.

Que podedes facer con ela?... Infinidade de cousas!... como letras, números, series de obxectos que construades, historias que vos podedes inventar, xogo libre... a vosa imaxinación ao poder! Ademais, contribuides a reforzar, ademais de todo iso, a psicomotricidade fina, moi importante para que vos axude a escribir mellor.

Pasade unha bo verán, seguro que o ides pasar xenial!

Unha aperta moi forte para todas e todos!

 

Facede clic no seguinte vídeo para saber como se fai:

https://youtu.be/t2OVrCqXqvQ

REPASO LECTOESCRITURA - SÍLABAS

 

Moi bo día!

Déixovos un xogo para construír palabras a través de sílabas! Que vos parece? A ver se ides superando os distintos niveis! Vai dirixido, sobre todo, a último curso de Ed. Infantil e 1º de Educación Primaria.  

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5e859baeba81d90dfb340609/presentation-nubes-de-pa...

RIMA QUE TE RIMA!

 

Bo día a todas e todos!

Imos facer un cruceiro de rimas! Vai dirixido, sobre todo, para os nenos/as de Ed. Infantil e 1º Ed. Primaria. Que vos parece?

Seredes capaces de facer que o barco chegue ao seu destino

Lembrade que as rimas axúdannos, tamén, a mellorar a nosa conciencia fonolóxica, base fundamental para a adquisición da lectoescritura.

Animádevos?

Facede clic aquí

https://view.genial.ly/5e8359fdad7e6d0e3aaacf37/game-crucero-de-rimas

 

DISCRIMINACIÓN R-D

 

Moi bo día a todas e todos!!

Imos xogar a adiviñar se as imaxes que van aparecendo escríbense con R ou D. Seredes capaces de facelo? Seguro que si!!!!

Ás veces, confundimos estes dous sons, por iso, é bo facer un repasiño para ver se xa o temos superado e que cando escribamos, non nos confundamos de letra ao escribir unha palabra. Por exemplo, é o mesmo en castelán "CODO" que "CORO"?... Son palabras que significan dous cousas totalmente distintas, verdade? Por iso, é importante traballar a discriminación auditiva de sons e saber diferencialos correctamente.

Animádevos a probar?

Facede clic aquí https://view.genial.ly/5eb29dccb68c5b0da426c1f1/presentation-con-r-o-con-d

QUE ELIXES?... Q, C OU Z?

 

Moi bo día a todas e todos!!

A actividade que vos propoño é, principalmente, para 1º-2º de ed. primaria.

Tedes que escoitar o nome da imaxe e, despois, elexir con que letra se escribe... Q?...C?...Z?...

Logo, pulsade o botón de "terminado", poñede o voso nome e curso e dádelle a enviar.

Estades preparados?

Facede clic aquí

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&s=ortograf%C3%ADa&t=v45g3ezbv7&m=n&l...