Skip to Content

Secretaría

INICIO RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021/22

Achéganse as instrucións relativas ao rexistro das solicitudes de admisión (código de procedemento ED550B), no que con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes por parte das familias será entre os días 1 e 22 de marzo.

 

 

 

Documentación que se presentará para reservar e formalizar a matrícula

 

 

Na secretaría do centro estarán a súa disposición os cartafoles de matrícula, información e documentos necesarios a partir do martes 2 de marzo.

 

Igualmente infórmase de que as instrucións anuais da Dirección Xeral están colgadas no menú AXUDA da ferramenta admisionalumnado.

Finalmente, os modelos normalilzados de solicitude, están dispoñibles na propia ferramenta, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO SOBRE A ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Tódalas as familias interesadas na solicitude de matrícula dos seus fillos/as para o vindeiro curso 2021-2022 no CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO,poden consultar a información relativa a organización e funcionamento do centro facendo clic na imaxe. Para calquera consulta sigan as instrucións dadas no documento.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO DA ORGANIZACIÓN DO CENTRO

TRÍPTICO INFORMATIVO SOBRE A ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Tódalas as familias interesadas na solicitude de matrícula dos seus fillos/as para o vindeiro curso 2021-2022 no CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO,poden consultar a información relativa a organización e funcionamento do centro facendo clic na imaxe. Para calquera consulta sigan as instrucións dadas no documento.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/22

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Ed Primaria que pretenda continuar estudos no centro adscrito, IES Monte Carrasco, para os efectos de reserva de praza, deberá remitir a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o  formulario normalizado ED550A, ou cumprimentar o mesmo que entregaremos aos vosos fillos/as e remitilo ao centro educativo.

  • Adxunto remitimos o formulario ED550A, o procedemento de transición e o resumo dos pasos a seguir.
  • prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

NOVAS NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO DO CENTRO.

Despois de experimentar ao longo de setembro os procedementos de protección nas entradas, saídas e desprazamentos polo colexio, consideramos a necesidade de realizar algunhas modificacións de seguridade que, de cara ás familias, soamente afectaría aos alumnos/as que marchan en coches, saíndo pola porta pequena do pavillón.

Pedímosvos que repasedes cos vosos fillos/as estas normas, xa traballadas no colexio, para poñelas en práctica a partir do luns, día 5 de outubro:

  • O alumnado de 1º de E.P. que marcha en coches particulares para casa, saíndo pola porta do pavillón que da directamente a rúa, será o primeiro en saír a partir das 14:30.
  • Marcaremos ben os ritmos de saída para que poidades recoller aos nenos/as sen amontoamentos na porta.
  • Os alumnos/as non deben saír do colexio (pasar da liña branca que delimita a carreteira), ata que o familiares que os veñen a recoller estean presentes.

En previsión dos retrasos ou imprevistos que se poidan dar ao longo do curso, cando o familiar non chegue a tempo, o rapaz/a en cuestión ten que manterse na zona de espera que lle indique o profesor/a de garda, para permitir a saída progresiva dos diferentes cursos, ata 6º de EP.

Cando rematada a saída de todos/as, o familiar aínda non puidese chegar, o alumno/a volverá a entrar no colexio da man do profesor/a vixiante, para xestionar o contacto telefónico.

Insistide en que non se pode saír por esta porta se non é co familiar ou adulto que tiña previsto vir a recollelo.

Por último, dicir que todos/as temos que facer énfase na modelaxe do alumnado para conseguir que se desprace camiñando, evitando as carreiras que rompen a distancia de seguridade e supoñen un claro risco no acceso directo á carreteira.

En calquera caso, queremos dicir que, en liñas xerais, as alumnas e alumnos están sorprendéndonos coa súa receptividade e colaboración no cumprimento das estritas normas pola COVID-19.

INICIO CURSO ESCOLAR 2020/21

Estimadas familias:

Queremos informarlles de que a próxima semana dará comezo o curso escolar para o alumnado de educación Infantil e Primaria.

Seguindo as normas ditadas na Resolución do 1 de Setembro do 2020 procederase da seguinte maneira:

Punto único. Incorporación gradual do alumnado.

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º

curso de educación primarial e educación especial.

2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación Infantil e 4º, 5º e 6º cursde educación Primaria. 

Irásevos informando dos horarios concretos de entrada de cada curso ao centro escolar  durante os próximos días.

RECOLLIDA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Os cheques para adquirir libros de texto e material escolar serán recollidos en horario de 10:00h a 12:00h nas seguintes datas:

-1º ED. PRIMARIA: XOVES 3 DE SETEMBRO

-2º ED. PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO

-3º ED. PRIMARIA: LUNS 7 DE SETEMBRO

-4º ED. PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO

-5º ED. PRIMARIA: MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

-6º ED. PRIMARIA: XOVES 10 DE SETEMBRO

O VENRES 11 DE SETEMBRO entregaranse os cheques ás familias que non puideron acudir na data establecida.

Á recollida unicamente poderá vir UN MEMBRO da familia.

As familias que teñan fillos/as en distintos cursos de primaria poden recoller os cheques de maneira conxunta nun dos días establecidos para os cursos onde están matriculados os mesmos.

NON SE ENTREGARÁN CHEQUES FÓRA DE HORARIO.

 

Grazas pola vosa comprensión. 

Secretaría CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

CORTE DE SERVIZOS NA REDE TELEFÓNICA

Estimadas familias:

Por mor das obras que se están a realizar na rede elétrica do centro escolar, informamos que existen cortes de luz que afectan  ao corte de servizos na rede telefónica. Por este motivo, é probable que se chaman por teléfono non poidan ser atendidos, polo que, se precisan facer alguna consulta, non dubiden en pasar polo colexio en horario de 10:00 h a 13:30 h.

Moitas grazas e disculpen as molestias.

O Equipo Directivo.

LISTAXES DEFINITIVAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe,14 de xullo do 2020, publicáronse as listaxes definitivas das axudas de libros de 1º e 2º E.P., do fondo libros de 3º e 4º E.P. e as axudas do material escolar dende 1º ata 6º de E.P.

Poden velas na porta exterior do edificio administrativo do centro.

Lembren que os vales de libros de 1º e 2º E.P. e os vales de material de todos os cursos entregaránselles a partires do 3 de setembro do ano en curso. 

 

Solicitude de comedor escolar

Infórmase que está aberto o prazo para a solicitude de comedor escolar. 

Poden descargar aquí a solicitude. Teñen de prazo para entregala no colexio ata o 3 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMISIÓN ADMITIDAS CURSO 2020/21

Publicadas, con data 19 de xuño de 2020,  as listaxes definitivas de alumnado admitido nas etapas de educación Infantil e Primaria para o curso 2020/21.

As listaxes atópanse no taboleiro interior do edificio administrativo do centro para quen as queira ver. Única e exclusivamente de forma presencial.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut