Skip to Content

Secretaría

CALENDARIO ESCOLAR 2021/22 E NORMAS XERAIS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

Adxuntamos calendario escolar do curso 2021/22 e normas xerais a cumprir pola comunidade educativa.

COMEDOR ESCOLAR: MODELO AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS CURSO 2021/22

Mañá, 1 de setembro, comezará o prazo para entrega das autodeclaracións dos prezos públicos pola utilización do comedor escolar durante o curso 2021/22. É OBRIGATORIA a entrega deste documento para poder facer uso do comedor.

Polo tanto, de conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013, as familias con fillos/as usuario/as do comedor escolar deben cubrir o seguinte impreso e deberá ser entregado no centro cuberto. 

Prazo de presentación: 

  • Do 1 de setembro ao 7 de setembro
  • Horario: de 10:00h a 13:00h
  • Entregar na secretaría do centro

O impreso recollerano na secretaría do centro ou poden descargalo aquí.

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO DE GARDA POR CONCILIACIÓN FAMILIAR DO ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR DA 1ª QUENDA E SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2021/22

Apertura do prazo para a "Solicitude de acceso ao servizo de garda por conciliación familiar do alumnado usuario de comedor da 1ª quenda" e apertura do prazo para a "Solicitude do servizo de transporte escolar do curso 2021/22".

Lembren que o comedor escolar dividirase en dúas quendas:

  • 1ª quenda: alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
  • 2ª quenda: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria.

O impreso poderase imprimir AQUÍ ou recoller na secretaría.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • 1 de setembro ao 7 de setembro
  • Horario: de 10:00h a 13:00h
  • Entregar na secretaría do centro

Importante:

As familias que non entreguen o documento en tempo e forma quedarán excluídas do servizo de transporte escolar ou da garda.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Con data, 6 de xullo de 2021, sairá publicada a listaxe provisional das axudas de libros de texto para 1º e 2º de Educación Primaria e o material escolar para todos os cursos de Educación Primaria.

Tanto os vales de libros de texto (1º e 2º E.P.) coma de material escolar (de 1º a 6º E.P.) entregaranse a partir do venres 3 de setembro en horario de 09:25h a 14:25h.

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 6 de xullo, saiu publicada a listaxe definitiva de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 2 de xullo, saiu publicada a listaxe provisional de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

 

 

 

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o curso 2021/22.

 

 

INICIO PRAZO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Adxuntamos a información do fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021/22 nun arquivo adxunto PDF seguindo o establecido na ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación neste fondo. 

Para descargar as solicitudes (ANEXO I E II) deben descargar o pdf adxunto.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

 
Con data 13 de maio de 2021 saiu publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/22.
As listaxes co alumnado están publicadas no taboleiro situado no interior do edificio administrativo do centro ou poden consultar a información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 
empregando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

As solicitudes presentadas fóra de prazo non aparecen nesta listaxe xa que é a Xefatura Territorial a encargada de tramitalas.
 

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA ALUMNADO NOVO CURSO 2021/22. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA ALUMNADO NOVO CURSO 2021/22
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.
 
Estimadas familias:

Con data 15 de abril de 2021 saiu publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/22.
As listaxes co alumnado están publicadas no taboleiro situado no interior do edificio administrativo do centro.



Lembrade que as listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
Distribuir contido


by Dr. Radut