Skip to Content

Secretaría

Programa de consumo de froita e leite nas escolas - FOGGA

 

Programa de froita e leite no recreo, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (Fondo galego de garantía agraria).

 

 

Reserva de praza no IES Monte Carrasco

Hoxe luns 15 de xaneiro, da comezo o procedemento de reserva de praza no centro adscrito (IES Monte Carrasco) para o alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Consulten o Programa de Actividades do Plan de transición:

 

FELICES FESTAS

 O EQUIPO DE PROFESORADO DO CEIP SAN ROQUE DARBO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO NOVO!!!!

Desde o departamento de plurilinguismo estivemos a traballar en conxunto nas clases de inglés e música para ofrecervos estes Christmas Carols. Estas panxoliñas están feitas por todo o alumnado do cole (Infantil acompaña na percusión e primeiro ciclo canta “Jingle Bells”. Segundo ciclo canta “All I want for Christmas is you” e terceiro ciclo “Santa Claus is coming to town”. Agardamos que o disfrutedes e vos acompañe nas celebracións que veñen.

CLICA SOBRE A IMAXE:

FESTA DE NADAL

O xoves 21 de decembro celebramos a festa de Nadal que pon fin a este 1º trimestre. Ese día, a partir das 12.30 horas, faremos un bingo solidario a favor do comedor social. Dende a organización infórmannos de que precisan sobre todo leite e produtos navideños (pero tamén valen outros alimentos non perecedeiros). Solicitamos unha vez máis o esforzo da comunidade educativa para solidarizarnos con máis necesitados. Por cada alimento donado se entregará un cartón para o bingo.

Os alimentos empezaranse a recoller a partir do luns, ata o xoves, día da celebración.

Animade aos vosos fillos a que veñan elegantemente vestidos.

Estades tod@s invitad@s a participar con nós neste celebración.

 

A partir das 9.30 horas: (So para alumnado)

- Recepción cos Reis Magos (Organizado pola ANPA)

 

A partir das 12.30 horas: (Para toda a comunidade educativa)

- Bingo solidario

- Badaladas fin de trimestre.

- Baile 

O Centro estará aberto ás familias a partir das 12.30 horas.

FELICES FESTAS!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LEITE: 1 LITRO DE OPORTUNIDADES

O colexio de San Roque quere colaborar co Comedor Social de Cangas coa campaña

"1 LITRO DE OPORTUNIDADES: SI TE SOBRA UN LITRO, ¡DÓNALO!".

Solicitamos a colaboración de toda a comunidade educativa aportando un litro de leite: enteira, desnatada,semidesnatada, sin lactosa, de soja, de arroz ... Calquera tipo de leite que consumas vale para este acto solidario.

Participa. Envía un litro de leite ao colexio a partires do vindeiro luns 27 de novembro.

Escola de familias

MERENDAS RESIDUOS CERO

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

 

Estimadas familias:

 

O luns 11 de setembro, primeiro día de clase do novo curso escolar, teremos unha festa de benvida “Holi Party” organizada pola ANPA. A festa consiste no lanzamento de polvos de cores (biodegradables e inocuos), polo que aconsellamos traer roupa vella e gafas de piscina (optativo). Ademais, os usuarios de transporte e comedor deberán traer unha muda de roupa, por si fose necesario.

 

- De 9.25 a 11.30 horas: Presentación e subida ás aulas.

 

- De 11.30 a 12.00 horas: Recreo / merenda.

 

- De 12.00 a 14.00 horas: Holy Party

 

- De 14.00 a 14.25 horas: Subida ás aulas e despedida.

 

 

O servizo de comedor escolar e transporte funcionarán desde o mesmo luns 11 de setembro.

 

A partir do martes 12 as clases desenvolveranse con normalidade.

 

ADEMAIS, PODEN CONSULTAR AS NORMAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E O DOCUMENTO INFORMATIVO PARA O CURSO 23-24  NOS SEGUINTES ADXUNTOS.

 

LISTAXE LIBROS CURSO 2023-2024

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Cada titor/titora entregará a principio de curso a listaxe co material de cada grupo clase.

Camiseta conmemorativa 50 Aniversario

Con motivo do 50 Aniversario do colexio, ponse a venda a camiseta conmemorativa, con diseños realizados polo alumnado.

O prezo da camiseta é de 8 €. As persoas interesadas poden pasar polo Edificio Administrativo do Centro para escoller modelo e talla.

Formas de pago:

  • En efectivo: no mesmo colexio e no momento de anotarte.

  • A través de ingreso na conta Abanca nº ES1720805022183040009568

Poderán recoller as camisetas a partir do día 30 de xuño , no Taller Fichiwichi:

Galería Dos Avenidas, Av. de Vigo, 105, Local 14, 36940 Cangas

Teléfono de contacto: 651 46 58 24

 

Distribuir contido


by Dr. Radut