Skip to Content

3 anos

4ºA-ANIVERSARIOS DE ARTAI E NICOLE

Mirade que cousa máis curiosa: Artai e Nicole cumpren anos o mesmo día, o 4 de marzo. Entón, o que fixemos foi celebrar un aniversario o venres, o día amarelo, e outro o luns, o día azul.

Artai deleitounos cun biscoito feito por el e a súa avoa con forma de flor (se premedes na foto, podedes ver os ingredientes) e Nicole cun biscoito de chocolate.

Tendes que desculpar pero, por problemas técnicos, perdéronse algunhas fotos. Premede nas imaxes para ver as que quedaron.


4ºA EI-TAPÓNS E NARCISOS

Hoxe ímosvos contar dúas cousiñas.

Unha, que na clase e no colexio estamos xuntando tapóns para axudar a Paula. Premede aquí para saber máis.

A outra é que na nosa horta xa están xermolando os narcisos.

4ºB ENTROIDO-ÁFRICA

Grazas a todos pola elaboración duns disfraces tan bonitos!


 Fixádevos que guapos estaban os peques do cole!


4ºA-ENTROIDO

África entrou en todos nós durante o Entroido. As súas culturas, a súa diversidade, as súas cores, os seus sons...

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración na confección dos disfraces e na elaboración dos alimentos típicos do Entroido.

4ºA-ANIVERSARIO DE CANDELA

O pasado venres, ao chegarmos do Fórum, celebramos o aniversario de Candela. Para festexar o seus 4 anos, agasallóunos cunha deliciosa galleta con forma de estrela. Ou unha estrela con sabor a galleta?

4ºA-TRAXES AFRICANOS

Hoxe Laura, tal e como dixo onte, tróuxonos o seu fermoso traxe. Está feito a man por ela e a súa nai, contounos. Velaquí o tendes. Co seu lazo no pelo e todo.

4ºA-TRAXES AFRICANOS

Hoxe estivemos falando de quen ten feito o traxe africano xa. Mesmo houbo algúns nenos que o trouxeron. Laura tíñao onte na mochila pero non se lembrou de amosárnolo. Así que disque mañá o vai traer. Pero Artai mirou e tíñao no seu bolso. Ensinóunolo e púxoo para que todos o vísemos. Fáltalle pintar a faciana para ser un verdadeiro africano pero o traxe é moi bonito.

4ºA-IDEAS PREVIAS SOBRE ÁFRICA

Botádelle unha ollada ás respostas que deron os cativos á pregunta Que é África?


4ºA-ANIVERSARIO DE LAURA

Hoxe celebramos os catro aniños de Laura, que nos deleitou cun biscoito riquísimo cun toque de limón delicioso. Feliz aniversario, amiga Laura!

4º-SEMENTAR SEMENTAREI

Somos uns afortunados. En plena A Coruña contamos cunha hortiña. E, claro, tendo unha terra para cultivar, témola que aproveitar.

O outro día, a profesora Marisol tróuxonos uns bulbos de narciso. Os bulbos son sementes, os bebés das flores. Se as enterramos e logo regamos, dentro dun tempo, de aí sairá unha fermosa flor.

Premede na imaxe para ver as fotos. Hai novas fotos que o outro día non se publicaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut