Skip to Content

Ed. Infantil

FESTA FIN DE CURSO INFANTIL

GRADUACIÓN INFANTIL 2015-16

XOGAMOS COA AREA

Temos xoguetes novos para o areeiro!!!

 

O ARCO DA VELLA

 

Os alumnos de infantil conmemoraron ao autor homenaxeado este ano no día da Letras Galegas, MANUEL MARÍA, representando un dos seus poemas nun  gran mural. Cada alumno/a plasmou as súas mans e entre todos fixeron un ARCO DA VELLA. 

No patio bailaron "O arco da vella" do libro de Manuel María Os soños na gaiola, musicado por

Suso Vaamonde.

HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR

Hoxe, os alumnos/as de 4º e 5º de infantil visitaron a Fundación Abanca. Alí participaron no obradoiro "Historia dun pincel que non sabía pintar" e coñeceron obras de grandes pintores como Picasso, Miró e Kandinsky.

 

 

 

 

 

CONTACONTOS

Hoxe o alumnado asistiu no salón de actos a un contacontos baseado no libro "Feliz Feroz"

 

O NOSO XARDÍN

Os tulipáns  que plantamos no outono están preciosos!!! Tamén medraron moito as plantas dos chícharos.

 

EDUCACIÓN VIARIA

Onte, o alumnado de 4º e 5º de infantil recibiu unha clase de educación viaria, impartida por unha policía local.

 

 

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o Día da árbore, plantamos no Centro catro árbores froiteiras, dúas pereiras e dúas maceiras. Os alumnos/as de infantil plantaron unha maceira.

 

CONCERTO PALACIO DA ÓPERA

EL EFECTO ARCOS IRIS

 

 

 

Hoxe, todo infantil, asistiu ao concerto da orquestra Sinfónica de Galicia, titulado "El efecto Arcos Iris". Este programa didáctico invita aos máis pequenos a descubrir como a música pode expresar os nosos estados de ánimo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut