Despois do recreo, os gatiñ@s tiñan unha sorpresa: a visita a primaria. Fomos ver as aulas do vindeiro curso. Os alumnos/as da profe Dayrén recibíronnos con uns carteis onde nos daban a benvida e, ata nos deixaron sentar nos seus pupitres!! Explicáronnos o que facían en primaria e que íamos pasalo moi ben.
Para rematar o día, fixemos un segundo recreo, onde cada un xogou ao que máis lle gustaba.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |