Skip to Content

RESERVA DE PRAZA PARA CONTINUAR ESTUDOS NO IES ADSCRITO AO CENTRO NO CURSO 2023/24

Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ambos incluídos, estará aberto o prazo para realizar a reserva de matrícula no IES Rafael Dieste (instituto adscrito ao noso centro) para o curso 2023/24 por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria.

A reserva poderá realizarse dos seguintes xeitos:

1. Entregando a solicitude na secretaría do centro.

             Descarga o impreso de solicitude: GALEGO e CASTELÁN 

             Impreso on-line https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

2. Presentando a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

A listaxe de alumnado admitido publicarase antes do 28 de febreiro no propio centro e na aplicación "admisionalumnado".

Consulta toda a información premendo en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867



blog | by Dr. Radut