ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/23
Xa están dispoñibles no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido en non admiitido para o curso 2022/23.
O alumnado admitido deberá realizar a matrícula para o vindeiro curso.
Que prazo?
Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.
Que documentación hai que presentar?
- Impreso para a formalización da matrícula que pode descargarse premendo AQUÍ.
- Impreso para a actualización de datos e autorizacións que pode descargarse premendo AQUÍ.
- Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Cartilla de vacinación actualizada.
- DNI do alumno/a (no caso de telo).
- En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.
Onde presentar a documentación?
Na secretaría do centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso matrícula.pdf | 155.79 KB |
Datos do alumnado.pdf | 102.52 KB |