Skip to Content

VISITA AO CGAI

<NIEVE Y LOS ÁRBOLES MÁGICOS>

 

  

Hoxe visitaron o CGAI os alumnos de 5º e 6º de infantil e 1º de primaria. Proxectaron a película " Nieve y los árboles mágicos". 

Os catro relatos que compoñen este filme inícianse con “Tigres en fila india”, protagonizada por un neno moi preguiceiro que, co seu enxeño, poñerá ás feras á súa mercé. No segundo “El pequeño brote”, cóntase a historia dunha nena e a súa tea máxica. O terceiro: “One, two, tree”, narra as aventuras dunha árbore que un bo día bota a andar. Por último, en “Nieve”, uns nenos que van de excursión quedan inmobilizados por unha repentina tormenta de neve, e Filemón e a súa familia faranse amigos dunha familia de esquimós.

 

 



page | by Dr. Radut