Skip to Content

Curso 2016-2017

DEPORTE ESCOLAR

19/03/2017 11:48
Atlantic/Bermuda

COMPETICIÓN DE FÚTBOL CO "DEPORTE ESCOLAR"

Os nosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria participaron nunha competición de fútbol sala na Merca contra o alumnado deste centro e o de Toén. Pasárono moi ben e, aínda que non gañaron, case o consiguen!!

Teatro

16/03/2017 20:47
Atlantic/Bermuda

ÍMOS AO TEATRO PARA VER "MAMÁ CABRA"

O luns 13 de marzo, os nenos e nenas de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria saimos do cole para ver o espectáculo de "Mamá Cabra", un grupo galego de teatro infantil que mestura o teatro coa música. Gustounos moito e aquí deixamos unhas fotos de recordo. Pasámolo moi ben!!


 

Charla

12/03/2017 14:07
Atlantic/Bermuda

CHARLA DA MANCOMUNIDADE SOBRE HÁBITOS SAUDABLES

Esta semana viñeron ao noso centro Lucas e Sara a falarnos de hábitos de vida saudables. Agora temos que aplicar todo o que nos explicaron. Mans á obra!

 

 

ENTROIDO 2017

12/03/2017 13:21
Atlantic/Bermuda

 

ENTROIDO 2017 - O FONDO DO MAR

Xa está aquí o entroido e, despois dunha semana seguindo as ordes da meca, por fin o venres nos disfrazamos coa temática deste ano: o fondo do mar. Moita música, baile e chocolate, nun día

no que nen@s e profes desfrutamos disfrazándonos. Que ben o pasamos!!!

 

 

 

Muíños 2017

12/03/2017 13:05
Atlantic/Bermuda

SorrisoCLASIFICACIÓN NA CARREIRA DE MUÍÑOS

Dende o centro, queremos felicitar a Darío (5º de primaria) pola súa clasificación na carreira de Muíños. Esa carreira permitiulle competir con todos os clasificados en Monterrei. Felicidades Darío!!

DÍA DA PAZ 2017

12/03/2017 12:38
Atlantic/Bermuda

DÍA DA PAZ 2017

O 30 de xaneiro de cada curso celébrase o"Día escolar da non violencia e da paz", coincidindo así co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi

Aínda que a paz e algo que debemos poñer en práctica todos os días do ano, non está mal recordar a súa importancia. 

Por iso, este ano decidimos facer un "Mannequin Challenge" especial, con escenas propias dún día como este. Nós pasámolo moi ben facendo este vídeo, esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

NADAL 2016

12/03/2017 12:37
Atlantic/Bermuda

FESTIVAL DE NADAL 2016

 

 

 

NADAL 2016

12/03/2017 12:00
Atlantic/Bermuda

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

O Nadal está chegando e no CEIP San Marcos comezamos a desfrutalo facendo un concurso de postais de Nadal.

Foi difícil facer a selección, xa que tod@s fixestes unhas postais moi bonitas, mais este ano debemos felicitar a Iker (de 1º) e a Darío (de 5º), xa que as súas postais foron as gañadoras. Parabéns rapaces!!

 

 

CARREIRA DO SAN MARTIÑO 2016

04/03/2017 14:59
Atlantic/Bermuda

CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza todos os anos a carreira pedestre popular do San Martiño. Na modalidade escolar, este ano participou do cole o noso compañeiro Martín, a quen queremos felicitar pola súa medalla! Parabéns!!!

MAGOSTO 2016

04/03/2017 14:46
Atlantic/Bermuda

MAGOSTO!!

Como non podía ser doutro xeito... chegou o Magosto!!! E no colexio de Cartelle, festexamos esta conmemoración con xogos populares á mañá e con castañas e festa á tarde. Que ben o pasamos tod@s!!!

 

 

DÍA DO PEÓN 2016

04/03/2017 14:28
Atlantic/Bermuda

DÍA DO PEÓN 2016!

Como todos os anos, a asociación "Brinquedia" convoca a celebración do día do peón.

Con esta festa, celebrada o día 11 de novembro, preténdese manter tradicións e que os nenos e nenas brinquen e bailen cos seus peóns.

 

 

 

MUÍÑOS 2016

04/03/2017 12:39
Atlantic/Bermuda

ÍMOS A MUÍÑOS CO DEPORTE ESCOLAR!!!

Grazas ao programa "Deporte Escolar", os nenos e nenas de Cartelle , de 2º a 6º de primaria, visitamos Muíños o día 30 de novembro.

Alí desputamos unha carreira conxunta co alumnado dos outros centros educativos da nosa zona. Os nenos e nenas de 1º acompañaron aos seus compañeir@s do centro para animalos nesta gran carreira.

SAMAÍN 2016

04/03/2017 11:29
Atlantic/Bermuda

CHEGOU O SAMAÍN A RAMIRÁS...QUE MEDO!!!!

Como todos os anos, os nenos e nenas de Cartelle, pola conmemoración do Samaín, visitamos aos nosos amig@s de Ramirás. Neste día, xogamos, cantamos, bailamos, convivimos, desfrutamos dun xantar monstruoso e... mesmo pasamos algo de medo!!!!

COMEZA O NOVO CURSO 2016-2017

17/02/2017 12:00
Atlantic/Bermuda

BENVID@S AO CURSO 2016-2017!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut