Complementarias

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Aproveitando o proxecto no que estivemos inmersos este curso: "O Sabor da aventura está no

mar", aproveitamos e fixemos a nosa excursión de fin de curso a Vigo coas seguintes visitas:

-         Visita ao aeroporto de Vigo.

-         Ruta en autobús pola zona Franca de Vigo e o Berbés.

-         Paseo, xantar e baño na Praia de Samil.

-         Ruta en autobús por Castrelos e o estadio de Balaídos.

 

Pica na imaxe para ver as fotos

 

SAÍDA Á HÍPICA

No mes de xuño os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria disfrutaron dunha saída

na contorna facendo unha visita ao centro ecuestre  “O mundil” en Nogueiró.

Visitaron os establos e aprenderon aspectos sobre a anatomía dos cabalos.

Participaron nas tarefas de aseo e coidado do cabalo: peitearlle o pelo, limparlle as ferraduras…

Coñeceron a outros animaliños que conviven no centro e por suposto deron unha pequena volta

a cabalo.

Pica na imaxe para ver as fotos.

SAÍMOS NA TVG!

Xa podedes ver o programa que grabaron os Bolechas para a Televisión de Galicia no noso cole.

Pica no seguinte enlace para ver o programa

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-56-4105874

SAÍDA A BANDE

Un ano máis participamos no Festival de Teatro en Bande.

Este ano aproveitando o proxecto “O sabor da aventura está no mar”, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º interpretaron unha obra mariñeira titulada:“Os pescadores e a serea”

Despois da función de teatro aproveitamos que estabamos en Bande e fomos ao museo de Aquís Querquennis. Rematamos o día cun xantar campestre.

 

Queredes ver as fotos? Pica na imaxe

 

 


SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

Como cada ano celebramos A Semana Escolar da Auga e da Árbore coa plantación dunha árbore no patio do noso colexio. Este ano plantamos a “Ambrosio”, un bidueiro.

Pica na imaxe para ver as fotos

ENTROIDO

Chegou o Entroido ao cole e que ben o pasamos! 

Pica na foto para ver todas as actividades e os nosos disfraces.

 

VISITA DOS BOLECHAS

No mes de febreiro recibimos a visita de Carlos dos Bolechas. Veunos ensinar como reciclar os aparatos eléctricos e electrónicos.

Pica na foto para ver as demais fotos.

EXCURSIÓN BAIONA

 

Grazas ao proxecto no que estamos sumerxidos os nenos/as de Primaria realizaron unha excursión no mes de febreiro a Baiona onde visitaron a Casa da navegación, o porto pesqueiro e a lonxa de Baiona.

A visita rematou cunha saborosísima merenda mariñeira!

 

Pica na foto para ver o ben que o pasamos e canto aprendimos sobre o mundo do mar e da pesca.

Día da Paz

E chegou o Día da Paz!

Na biblioteca do cole levamos a cabo varias actividades para celebrar este día:

Escribimos cualidades positivas sobre os compañeiros.

               

Interpretamos unha pequena obra de teatro e recitamos un poema da paz en inglés. Finalizamos o acto cantando todos xuntos "Campás pola paz"

Pica aquí para ver todas as fotos

 

XOGOS TRADICIONAIS

Comezamos xaneiro cunhas sesións de xogos tradicionais con Lito.

          

Powered by Drupal - Design by artinet