Skip to Content

AVALIACION CURSO 2021/2022

Atendendo á normativa en materia de avaliación vixente para este curso:
-    ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
-    ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
As familias do alumnado terán dereito a unha avaliación obxectiva, o procedemento para a reclamación está na web do centro, no apartado para as familias, atendendo aos pasos da Orde do 2 de marzo de 2021.
A promoción nos curso de 1º e 3º será automática atendendo á Orde do 25 de xaneiro de 2022. No caso do alumnado de 2º o profesorado titor emitirá un informe sobre o grao de adquisición das competencias de cada alumna ou alumno, indicando, de ser o caso, as medidas de reforzo que se deben prever no ciclo seguinte.
A avaliación será atendendo á Orde do 25 de xaneiro de 2022:
-    A avaliación da aprendizaxe do alumnado levarase a cabo tomando como referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos da etapa os criterios de avaliación e, de ser o caso, os estándares de aprendizaxe que se recollen no Decreto105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. No que xa se basean as programacións elaboradas ao comezo do curso.
-    Será continua e global, e terá en conta o seu progreso no conxunto dos procesos de aprendizaxe. PARA A NOTA FINAL DO CURSO, farase unha media aritmética entre as das tres avaliacións.
-    Valorarase o desenvolvemento das competencias clave atendendo aos estándares de aprendizaxe das diferentes áreas que se relacionan cunha mesma competencia, os cales conforman o perfil desa competencia.
-    Na avaliación atenderase á diversidade, empregando os principios xa incluídos nas programacións que recollen medidas para que o procesos educativo, incluíndo os asociados á avaliación se adapten ás circunstancias do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, de acordo coa Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro.



page | by Dr. Radut