Skip to Content

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS PARA O COMEDOR ESCOLAR

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

 

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Nos documentos adxuntos está o anuncio da apertura para presentarse como colaborador/a de comedor escolar e a ficha que haberá que cubrir e entregar no centro.

 

AdxuntoTamaño
COLABORADORES COMEDOR.pdf544.08 KB
sOLICITUDE COLABORADOR VOLUNTARIO COMEDOR.pdf546.12 KB


page | by Dr. Radut