Skip to Content

DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia cun acto moi bonito.

Escoitamos un fermoso poema de Paz recitado polos alumnos/as de 4º, 5º e 6º.

Os alumnos/as de 3º explicáronnos que farían eles pola paz e entre todos contruímos o noso muro de cosas bonitas con mensaxes  e palabras de Paz.

Rematamos o acto cantando unha fermosa canción.

Xa nas clases recibimos a visita dos nenos e nenas de Infantil que nos agasallaron cun montón de apertas.

Tamén anunciamos os gañadores da Xincana de Paz. Parabens a Aurora Rodríguez (2º) e a Daniel Sandá (4ª)

Se queredes ver as fotos preme no noso muro da Paz.

Para ver o vídeo da canción preme na ligazón a continuación.

https://www.youtube.com/watch?v=1fxK86Z-0m0&t=4s



page | by Dr. Radut