Skip to Content

3ª Semana Escolar da árbore e da auga

25/03/2017 20:39
Atlantic/Bermuda

3ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

Este ano festexamos no noso centro a "Semana escolar da árbore e da auga".  Nesta semana, todo o alumnado de primaria recibiu un agasallo: o libro titulado O amor eterno de Rozabales.

Despois de traballar con el, de falar sobre a importancia dos nosos bosques e de reflexionar sobre a presencia dos castiñeiros, cada alumn@ tivo que pensar un nome para poñerlle a un castiñeiro que plantamos este venres 24 de marzo no noso patio.

Finalmente, o neno máis cativo do cole, Arjuna (de educación infantil) seleccionou, de entre todos os do cole, o nome pensado pola nosa compañeira Zuleyma (de 1º de primaria), quen lle puxo: "Meco das Teixugueiras". Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día!



story | by Dr. Radut