Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xullo 6, 2015 »
LunMarMérXovVenSábDom
6
Start: 06/07/2015 12:37

Nunha nova ocasión recibimos a visita de Lito, quen non pode faltar a súa cita anual co obradoiro de xogos tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xoaquin Lourenzo.

Unha vez mais, grazas Lito, e ata o ano!

Xogos de mesa, a ra, a chave... e moitos mais!!!

 

 

all day

Realizamos unha visita ao Complexo Medioambiental do Alto do Rodicio.

Alí recupérase a fauna salvaxe que sofre algún accidente ou percance.

Despois de recibir a atención veterinaria e coidados, téntase reincorporar de novo á vida salvaxe.

Cegoñas, aguias, bufos, cabalos, raposos... e o espectacular lobo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

7
Start: 07/07/2015 09:37

O CEIP "San Marcos" foi o anfitrión para a presentación de traballos realizados durante o segundo trimestre do curso por alumnos e alumnas dos centros con participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia.

A mostra, coma en anteriores ocasións, é itinerante e percorrerá tódolos centros participantes.

 

all day

Unha nova entrega de competicións deportivas deste curso.

Nesta ocasión, turno para o bádminton.

Estivemos a competir duramente no encontro realizado no CEIP "Rogelio García Yáñez" en Ramirás.

Aquí temos a dúas campionas e un campión!

Start: 07/07/2015 09:55

A Semana de Letras Galegas estivo chea de actividades.

Estivemos presentes nos XX Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande. Alí presentamos a obra "Os Tres Curmáns".

Realizamos o festival do colexio e recordamos o 40 aniversario do centro. 

Presentamos a revista do centro "Reflexo XIX", e non podía faltar a nosa homaxe ao escritor das Letras 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde. Xa é outro compoñente na nosa galería de ilustres escritores e escritoras.

 

8
9
10
11
12
Distribuir contido


by Dr. Radut