Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Febreiro 01, 2015 »
Dom
Start: 01/02/2015 14:30

Acudimos ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación teatral de "Antía, Wamba e o regato pequeno". Que ben o pasamos!

Contos escenificados, mensaxe de amizade, respecto e solidaridade!

Start: 01/02/2015 14:38

Son varias as accións solidarias que realizamos no cole acotío: recollida de tapóns, operación "kilo", recollida de roupa usada...

Coñecimos de primeira man a laboura dun misioneiro en paises suramericanos en zonas de especial necesidade.

Bravo!

Start: 01/02/2015 16:21

Vivimos por partida dobre sesións de Contacontos.

Trasladamos as grazas nun caso á editorial colaboradora e no outro a Elisabeth, que estando en Cartelle visitounos para coñecernos e achegarnos o xenuino xeito americano.

Grazas! 

Start: 01/02/2015 16:38

Peóns, trompos, bailaretes... polo San Martiño, Peóns ao camiño!!!

Reivindicamos o xogo tradicional unha ocasión mais. Renovamos o noso mural do peón, lendo o manifesto do ano 2014 que publica Brinquedia, asociación galega para a conservación, recuparación e fomento do xogo tradicional.

E por suposto, bailamos os peóns!

 

Start: 01/02/2015 16:47

Unha das festas tradicionais na que mellor o pasamos: O Magosto!

Non faltaron á cita a costela, o chourizo, os xogos populares e a fogueira para asar as castañas e despois escurecer as cariñas!

Xeniais momentos de convivencia da comunidade escolar do CEIP "San Marcos".

 

 

 

 

Start: 01/02/2015 17:59

Preparando a chegada do Nadal.

Realización e exposición de manualidades de Nadal.

É que somos uns/unhas artistas!

Start: 01/02/2015 18:07

É que non o podemos resistir! Cantar, tocar, o escenario...

Un festival mais, nesta ocasión correspondente ao Nadal 2014.

Panxiloñas, agasallos, cestas de Nadal e... visita Real!!!

 

Start: 01/02/2015 18:25

Unhas carreiriñas campo a través?

Participación na fase de deporte escolar en campo a través realizada en Muiños.

Incrible lugar e incrible ambiente cos nos@s veciñ@s de Ramirás, Celanova, Bande...

Start: 01/02/2015 18:34

Continuando coa nosa participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Terra de Celanova - Baixa Limia, preparando o almanaque do 2015 escollemos unha imaxe que recolle unha escea dunha laboura agrícola ben coñecida, a vendima.

Recoñecedes a protagonista?

 

Start: 01/02/2015 18:43

Un curso mais, participamos no programa promovido pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense "Nunca sen almorzo", coa que nos lembran a importancia de realizar un almorzo saudable antes de iniciar a nosa actividade diaria.

Nesta edición fomos un pouco mais aló, recordando os andares da pirámide dos alimentos, a importancia da actividade física e vendo os beneficios que ten a media mañá unha merenda saudable.

Tivemos explicacións teóricas e actividades moi prácticas!

 

Start: 01/02/2015 19:05

Para lembrar que a Paz debémola practicar a diario, celebramos o Día da Paz 2015 elaborando e colocando un mural cunha mensaxe baseada na linguaxe das novas tecnoloxías.

Ademáis, sonaron con forza os acordes da canción "Recital á Paz".

Distribuir contido


by Dr. Radut