Skip to Content

Blogues

MERENDA COLOQUIO

RECIBIMOS UNHA MESA DE CULTIVO E SEMENTES (FOGGA)

 

 

O noso centro foi seleccionado como beneficiario da medida de acompañamiento do "Programa escolar de consumo de Froitas" do curso 2023/2024 que consiste nunca mesa de cultivo con sementes. #fogga

RECOLLIDA DE LIBROS USADOS

DÍA CONCIENCIACIÓN AUTISMO

MENÚ GRAN COMEDOR ABRIL 2024

MENÚ DE OUTUBRO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Prazo de presentación de solicitudes:

 Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

 

HORARIO DE ATENCIÓN PRESENCIAL DO 22 AO 29 DE XUÑO (INCLUÍDOS). 

 DE 10:00h a 13:00h.

 

 Documentación a presentar:

 1. Impreso de matrícula (ANEXO III-1)

 2. Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais, e de ter, do alumno/a.

 3. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do/a alumno/a.

 4. Certificado médico do/a alumno/a (posibles enfermidades infecto-contaxiosas).

 5. Fotocopia da cartilla de vacinas.

 6. 2 fotografías do alumno/a tamaño carnet.

 7. De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador.

 8. Solicitude de transporte.

 9. Certificado de empadroamento.

 10. Cuestionario de lingua materna (UNICAMENTE O ALUMNADO DE 4º CURSO DE E. INFANTIL – 3 ANOS)

11. Folla informativa sobre alerxias e intolerancias (de ser o caso).

12. Informe NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) (UNICAMENTE PARA O ALUMNADO NEAE).

13. Certificado de escolarización do centro de procedencia (UNICAMENTE PARA O ALUMNADO PROCEDENTE DOUTRO CENTRO EDUCATIVO).

 

IMPORTANTE: A documentación que figura nesta listaxe que xa fose aportada coa Solicitude de Admisión non é necesario volver a presentala.

*Requírese instalar Abalar Móbil, por ser a principal forma de comunicación coas familias.

**Non serán admitidas as solicitudes nin a documentación presentadas fóra de prazo.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia

SEDE ELECTRÓNICA

 

Para a presentación presencial deberá entregar a documentación correspondente no administración do centro.

(luns a venres de 10:00h a 12:15h ou con cita previa)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  • Anexo I e II (Pode descargarse abaixo).
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.*
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

*  Excepcionalmente, cando NON sexa posible facelo polos medios anteriores, poderase  acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

  • Certificado ou volante de convivencia. (Non se considera válido o certificado de empadronamento).
  • Informe dos Servicios Sociais ou do órgano equivalente do Concello onde reside a familia.

 

DOCUMENTACIÓN

DESCARGA

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula aparticipación no fondo solidario de libros de texto.

Impreso de solicitude (anexos I e II)

 

Sorriso PRAZOS Sorriso

 Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: 23 de xuño.

Reclamacións:  26 e 27 de xuño.

Publicación da listaxe definitiva:30 de xuño.

 

Por protección de datos as listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

Toda esta información pode atoparse en:

FONDOLIBROS 

 

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24

Admisión e Matrícula para o curso 2023/2024

 

PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO!

PROCEDEMENTO

 

Para presentar unha solicitude poderá facelo de tres formas:

⓵ Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado.

⓶ Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

⓷ Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Todos os trámites presenciais realizaranse en horario de mañá de 10:15-12:15h en dirección,

ou en horario de tarde de 15:15-16:00 h.

 

PRAZOS

Prazo de presentación de solicitudes: 

Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no  prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.

Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

 MODELOS PARA PRESENTAR A SOLICITUDE 

 


DOCUMENTOS DESCARGA
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II.   (GALEGO)
Solicitude de praza no centro do 1 ao 20 de marzo. DESCARGA O ANEXO II (CASTELÁN)
   
   

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

 

◘ Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

◘ Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

◘ Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria que se traslada de centro).

◘ Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menor. (De ser o caso).

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro 1 de Marzo comeza o periodo de matrícula para o curso 2023/2024!

Se estás interesado/a en matricular aos teus fillos/as, vén a coñecer o noso cole! Podes chamar sen compromiso, ou mandar un correo electrónico, para marcar unha data e poder vir a visitar as nosas instalacións e coñecernos de primeira man.

Visitas de luns a venres con cita previa.

 

 

Plan Dixital

Distribuir contido


by Dr. Radut