Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

SCAPE ROOM EN 6ºB

O  día  30  de  outubro, e  con  motivo   da celebración do Samaín e Halloween, os rapaces e rapazas de 6ºB  realizamos un  ESCAPE  ROOM  TERRORÍFICO. Organizámonos en cinco grupos. Primeiro vimos un corto para poñernos en situación, logo recibimos dúas caixas e máis un sobre  como materiais para conseguir o necesario para poder escapar do cole sen ser atacados polos vampiros. Despois de diferentes probas: puzles, localizar a combinación correcta dos candados, atopar no baño a chave para outra caixa, facer un experimento cos produtos facilitados…, todos os equipos conseguimos escapar sans e salvos dos temidos vampiros. Pasámolo de medo!!!

Prema aquí para ver todas as fotos

MOSTRA DE TRABALLOS DE 5º A

Xa estamos rematando o curso e o alumnado de 5°A de Primaria realizou diversos traballos, en equipo e de xeito individual.

Prema sobre este enlace para poder velos.

Hai murais sobre os factores que inflúen no clima e os distintos climas de España. acrósticos pola Dia da Paz, carteis e cómics sobre

Ángeles Alvariño, figura sobre a que investigaron  no Día da Muller traballadora, etc.

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DO DÉPOR

            

            

Os alumnos de 6º de Primaria participaron no proxecto da Fundación Dépor "Os nosos valores escolas 110% Branquiazuis". Fixeron un percorrido polas dependencias do Estadio de Riazor, asistiron a unha charla de valores do mundo do deporte e da historia do Dépor e coñeceron a Laura e Peke, dúas xogadoras do equipo feminino.

Toda a información no Facebook do Real Club Deportivo e no periódico A Opinión do 21 de febreiro. 

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE BONILLA

Os alumnodas de Primeiro fomos a coñecer ás instalacións de "Patatas Bonilla". Alí tivemos a oprtunidade de ver todo o proceso de elaboración das patatas.

MÁIS FOTOS NA GALERÍA

 

        

VISITA DE LEDICIA COSTAS

"O martes 22 de xaneiro tivemos a esperada visita de Ledicia Costas, unha autora galega. Durante a conversa estivo moi atenta ás suxerencias do público e foi moi flexible. Ademais, fíxonos rir contándonos anécdotas escolares doutros centros que visitou, como cando lle saiu información falsa na wikipedia.

É unha persoa moi traballadora, polo que non ten tempo para as súas cousas persoais. Falounos dos seus gustos, como que lle gusta o chocolate, visitar cemiterios e as historias de terror. Tamén, das súas lecturas como "Matilda", "Pipi Mediaslongas" e "Charlie e a fábrica de chocolate". Iso foi o que lle inspirou a comezar a escribir. Pareceunos moi sociable e que ten moita proximidade aos nenos/as.

É encantadora e creativa. "

VISITA Á VOZ DE GALICIA 6º E.P.

Álbum: Curso 2019/2020 -> A voz de Galicia 6º E.P.

UNHA MAÑÁ NO CPR AS ESCLAVAS

O xoves 19 de decembro os nenos de 6º B vivimos un día moi especial. Fomos ao CPR Esclavas  a desfrutar dunha maña fantástica. Ás 9:30 entrábamos no colexio y recibíannos dun xeito estupendo.

Ás 10:30 dimos a charla sobre os 17 ODS da ONU marcados na axenda 2030. Estivemos moi a gusto, fixémolo fenomenal e os alumnos de 5º y 6º das Esclavas escoitáronnos tan atentamente que aínda no lo fixeron desfrutar máis.

Despois dun breve descanso para recoller todo o das xornadas e preparar o escenario de novo, representamos a obra de teatro Agente Ricitos, adaptación do conto de Miguel López, El  Hematocrítico. Precisamente Miguel foi o noso espectador máis especial.

Sempre dicimos que para que os espectadores o pasen ben temos que pasalo ben no escenario.... pois nos desfrutamolo moitísimo e os alumnos de Esclavas tamén con nós.

Para poñer punto e final a unha mañán especial convidáronnos a uns pinchos e agradecéronnos a visita.

Sen dúbida foi un día moi especial!!

  

         

TEATRO NO FORUM METROPOLITANO

O 25 de abril disfrutamos da obra de teatro "Historia dun calcetín" no Forum. A obra gustounos moitísimo.

   

  

COÑECENDO Á PRAZA DE MARIA PITA E O CONCELLO

Coa axuda dos monitores aprendimos moito sobre a historia de A Coruña e descubrimos moitas historias e curiosidadeas da praza de Maria Pita.

       

 

VSITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de 5º nivel de Primaria na visita ao museo de Belas  Artes.

Distribuir contido


by Dr. Radut