Skip to Content

SCAPE ROOM EN 6ºB

O  día  30  de  outubro, e  con  motivo   da celebración do Samaín e Halloween, os rapaces e rapazas de 6ºB  realizamos un  ESCAPE  ROOM  TERRORÍFICO. Organizámonos en cinco grupos. Primeiro vimos un corto para poñernos en situación, logo recibimos dúas caixas e máis un sobre  como materiais para conseguir o necesario para poder escapar do cole sen ser atacados polos vampiros. Despois de diferentes probas: puzles, localizar a combinación correcta dos candados, atopar no baño a chave para outra caixa, facer un experimento cos produtos facilitados…, todos os equipos conseguimos escapar sans e salvos dos temidos vampiros. Pasámolo de medo!!!

Prema aquí para ver todas as fotos



page | by Dr. Radut