Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

VISITA DOS ALUMNOS DE 2º DE E.P. AO GADIS

Álbum: Curso 2019/2020 -> 2º de E.P. no Gadis

VISITA DOS ALUMNOS DE 1º DE E.P. A BONILLA

Álbum: Curso 2019/2020 -> Visita de 1º a patatas Bonilla

VISITA MUSEO MUNCYT

Álbum: Curso 2019/2020 -> Muncyt

Os alumnos de sexto visitámolo MUNCIT. Alí coñecimos as diferentes partes dun avión, como funcionan,  os materias do que están feitos...Tamén recorremos un século de historia paseando arredor de diferentes inventos.

Pasámolo xenial! !!

VISITA Á VOZ DE GALICIA 6º E.P.

Álbum: Curso 2019/2020 -> A voz de Galicia 6º E.P.

ENGLISH FUN IN CEIP SACRED FAMILY!

Kids from both third and fourth years worked very hard (see pics below) on preparing their speaking activities. Enjoy some of the videos, Mr Joe.

VISITA Á VOZ DE GALICIA

Álbum: Curso 2019/2020 -> A voz de Galicia 6º E.P.

Hoxe os alumnos das clases de 6°A e 6° B visitamos as instalacións da Voz de Galicia en Arteixo. A nosa guia levounos polos tres  edificios que conforman as instalacións e de primera man, puidemos observar como se elaboran os xornais así como os diferentes  suplementos, os turnos de traballo, as máquinas que se empregan para a súa elaboración, as bobinas de papel.... Por último visitamos o Museo. Nel aprendimos como se elaboraban antigamente os xornais e vimos diferentes exemplares da Voz de Galicia dende a súa fundación. Pasámolo xenial! !!

EXPOSICIÓN DAS CÉLULAS

Álbum: Curso 2019/2020 -> Exposición das células

Os alumnos de 6°A e 6° B realizamos unhas maquetas das células animais e vexetais. Nelas explicamos as súas partes. Para elaboralas empregamos diferentes materias. Gustounos moito facelas!

 

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTENIBLE

Este trimestre en 6º B traballamos un tema moi interesante: os 17  ODS (obxectivos de desenvolvemento sostenible) que marcou a ONU na Axenda 2030. Son 17 ideas que tivo a ONU  para facer que todo vaia mellor no mundo. Traballamos moi duro no tema, e por iso quixemos dar unha charla aos nosos compañeiros  de 4º, 5º e 6º para que se enterasen de que vai o tema e se unan a nós neste proxecto,e así, entre todos, poder cambiar o mundo. Como decía Galeano: "Moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo".
AXUDÁDENOS?

        

SKYPE CON MIGUEL LÓPEZ, EL HEMATOCRÍTICO

Esta mañá os nenos e nenas de 6ºB fixemos un Skype con Miguel López, El Hematocrítico, dende a nosa aula. Miguel é o escritor do conto AGENTE RICITOS que adaptou a nosa profe para representar na obra de teatro que estamos a traballar este trimestre. As fotos non saíron moi ben, mais desfrutamos duns minutos de charla con el moi interesantes. O XOVES representaremos a obra de teatro no cole onde traballa como profe, o CPR Esclavas. Confirmounos que alí estará para coñecernos. Agardando que chegue o xoves!!!!!

    

SOMOS BRANQUIAZUIS

 
Os rapaces e rapazas de 6º visitamos esta mañá o estadio de Riazor. Amosáronnos o Estadio dende dentro, e descubrimos espazos moi interesantes: sala de prensa, os camiños aos vestiarios, os banquiños dos xogadores...
Recibimos tamén a visita de dúas xogadoras do Depor Feminino e dous xogadores do Fabril, que despois de darnos as súas opinións acerca dos seus primeiros pasos no fútbol e no Dépor e falarnos da importancia da palabra EQUIPO, asináronnos unhas fotos para levar de recordo. Pasámolo fenomenal!
 Le  o artigo no periódico  A Opinión de A Coruña e mira o vídeo premendo aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut