Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

CONCERTO NO PAZO DA ÓPERA

No mes de  de febreiro, os nenos de primeiro e segundo fomos ao Pazo da Ópera a ver un concerto do grupo musical "Los Mecánicos".

A banda “Os Superheroes” está formada por  Mr. Obelisco, Super Milenium e Torreman. Estos tres heroes coruñeses forman un trío de superpoderes musicais.

Contarónnos a historia de Ramiro, un home tan estresado que se está a perder a infancia do seu fillo. Coa axuda duns músicos convertidos en Superheroes dárase conta da importancia de investir trempo nos seres queridos. Para isto utilizarán cancións de debuxos animados de onte e hoxe, que todos cantamos cos músicos.

Preme aquí paraa ver as fotos na galería de imaxes.

 

 

EXPOSICIÓN "BAILEMOS BAJO LA LLUVIA"

 Alumnos de 6º A e B na Exposición "EXPOSICIÓN "BAILEMOS BAJO LA LLUVIA"" na sede da Fundación ABANCA e organizada pola Asociación da Síndrome de Down.

    

   

REMATANDO EN 6º B

Mostrámovos os nosos traballos de 6º B

MUSEO DE BELAS ARTES

Os alumnos de primeiro visitamos o Museo de Belas Artes onde os guías acompañáronnos por un percorrido polo museo a través dunha escolma de obras de distintos estilos, épocas e xéneros artísticos das que fomos  descubrindo as historias que existen tras os cadros. 

    
  

 

 

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os alumnos de 6º de Primaria participamos nun obradoiro de Primeiros Auxilios. Nel aprendimos varias técnicas para axudar ás persoas en caso dunha caída, dun atragantamento...

Pasámolo xenial!

 

6ºB VISITA Á DOMUS

Os alumnos de 6ºB foron o pasado día 19 de outubro de excursión á Domus. Ali viron unha película en 3D, despois contemplaron diferentes aspectos da reproducción humana e do ADN e acabaron a visita observando distintos elementos da representación do paso do tempo na humanidade.

Pasámolo xenial!

          

ESPECTÁCULO NO FORUM. ZAQUIZAMI

 Os dias 13 e 14 de outubro os tres grupos de 2º de Primaria fomos ao Forum Metropolitano a ver o espectáculo "Zaquizamí" de Cía Roberto G Alonso.

Disfrutamos dun espectáculo de baile  onde cobran vida xoguetes e trastos abandoados nun trasteiro ou "Zaquizamí". 

Danza, diversión, imaxinación, xogo... Nun faiado cheo de maxia.

       

CONTANDO CONTOS EN E. INFANTIL

Alumnos de 5ª baixamos a contar contos creados por nós ás aulas de Educación Infantil. ¡Quedaron encantados coa historia"

    

 

     

    

 

VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN

Os nenos de 2º C visitamos o Castelo de San Antón. ¡Canto aprendimos!


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut