Skip to Content

VISITA DE LEDICIA COSTAS

"O martes 22 de xaneiro tivemos a esperada visita de Ledicia Costas, unha autora galega. Durante a conversa estivo moi atenta ás suxerencias do público e foi moi flexible. Ademais, fíxonos rir contándonos anécdotas escolares doutros centros que visitou, como cando lle saiu información falsa na wikipedia.

É unha persoa moi traballadora, polo que non ten tempo para as súas cousas persoais. Falounos dos seus gustos, como que lle gusta o chocolate, visitar cemiterios e as historias de terror. Tamén, das súas lecturas como "Matilda", "Pipi Mediaslongas" e "Charlie e a fábrica de chocolate". Iso foi o que lle inspirou a comezar a escribir. Pareceunos moi sociable e que ten moita proximidade aos nenos/as.

É encantadora e creativa. "



page | by Dr. Radut