Educando na Biosfera: Funcións e importancia das árbores.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está localizada ao noroeste de Galicia e conta cunha extensión de 1.140 km2, que se corresponde cos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Dita figura recoñecida internacionalmente pola UNESCO, conta cunha poboación de 190.708 habitantes segundo o INE 2015, estando xestionada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, declarada de Utilidade Pública a través da Orde do 8 de febreiro de 2017.

Dentro do Programa educativo “Educando na Biosfera 2019”, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria celebraron o “Día da Árbore e o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo con escolares”, resaltando a importancia e función das principais árbores autóctonas da nosa contorna, así como relacionalo con cantigas e poesías de autores galegos. Realizamos un taller de poesía e unha plantación de carballos autóctonos no Paseo marítimo de Sada.

Rematamos esta actividade cantando unha cantiga: As árbores da fraga do grupo Fol do vento.

O programa “Educando na Biosfera 2019” está organizado pola Reserva da Biosfera e polo Concello de Sada.

Ficha informativa sobre o carballo.

5º curso: Traballos con poesías.

6º curso: Traballos con poesías.

Podes ver imaxes e vídeos da actividade.