Nadal 2018

O venres, día 21, rematan as clases do primeiro trimestre do actual curso. Ese día terá lugar a tradicional Festa do Nadal no colexio.

Ás 10 desprazarémonos á Casa da Cultura onde a compañía de teatro de títeres Falcatrúa representará a obra “Linocho e a Lúa“. A representación está subvencionada polo centro.

A media mañá terán lugar as festas nas aulas, para as que se pide a colaboración das familias aportando unha pequena cantidade de alimentos propios destas datas. A Asociación de Nais e Pais As Mariñas colabora aportando as bebidas.

Ás 12,30 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente ao Colexio onde saudarán aos alumnos. 

Recollida solidaria de xoguetes e de alimentos

O Claustro de Profesores e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas promoven dúas recollidas solidarias. 

En colaboración coa Cruz Vermella os días 17 luns e 18 martes poderanse depositar xoguetes en bo estado na entrada do centro.

A recollida solidaria de alimentos irá destinada a asociacións sen ánimo de lucro de Sada. Pídese a colaboración das familias achegando alimentos non perecedoiros que se depositarán na entrada do centro os días 19 e 20 de decembro.

Festa de Nadal da Asociación de Nais e Pais

A Asociación de Nais e Pais As Mariñas organiza a tradicional Festa de Nadal o sábado 15 de decembro no pavillón de deportes municipal de 17:00 a 20:00 horas con hinchables, Cars, DJ, Pintacaras, merenda e sorteo de regalos. Donativo 1 €.

Está previsto repartir os calendarios de 2019 na vindeira semana.

Vacacións de Nadal

Despois do período de vacacións de Nadal as clases reiniciaranse o martes 8 de xaneiro.

Bo Nadal

O claustro de profesores, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2019.