Leite na escola

O noso centro participa neste curso no “Programa escolar de consumo de froita e leite nas escolas” que se leva a cabo coa axuda financeira da Unión Europea. Así nas próximas tres semanas distribuirase leite aos alumnos a media mañá desde o 15 de xaneiro ao 2 de febreiro, ámbolos dous incluídos. 

Pídese a colaboración das familias para inculcar hábitos de alimentación saudables e así os nenos e nenas melloren a súa dieta evitando problemas como a obesidade, epidemia na nosa sociedade. 

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.