AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 aparece publicada a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. O prazo de presentación de instancias será do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014.

Rendas familiares e contía das axudas en educación primaria

No caso do alumnado de educación primaria é condición ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000€. Contía da axuda:

Familias monoparentais:

-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €.

Resto das familias:

-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 €.

-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €.

Enténdese por renda per cápita familiar, a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade familiar computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2012 e o exercicio fiscal 2012. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumarán os recadros 455 (base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

Información e impresos de solicitude.

O prazo de presentación de instancias vai do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014. Presentarase no centro educativo onde estea matriculado/a o/a alumno/a unha solicitude por alumno/a matriculado/a xunto coa documentación xustificativa da situación familiar que contempla a Orde de convocatoria.

A Orde está no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro e as solicitudes, segundo o anexo I da Orde, serán facilitadas na conserxería do centro. Tamén se pode consultar e descargar da web da Consellería tanto a Orde como a solicitude: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Sada a 2 de xuño de 2014.