Admisión alumnado

Entre o 1 e o 21 de Marzo, procédese ao periodo de admisión do alumnado para o vindeiro curso 23-24. Con este fin, o luns 27 de febreiro terá lugar unha xornada de portas abertas no centro, para que teñades a oportunidade de vir a coñecer de primeira man o CEIP, as súas instalacións, e toda a información que consideredes relevante.

Recordar tamén, que para calquer dúbida, estamos dispoñibles nas nosas canles de contacto:

A Pita de Eiroás na Peroxa

Nesta festiva semana, disfrutamos coñecendo a unha das figuras da comarca no Entroido: A Pita de Eiroás; presentada por Lois Pardo, quen nos amosou tanto a súa orixe, costumes e características, coma tamén nos convidou a vivenciar coma se merece esta especial época do ano. Moitas grazas!

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Debe empregarse de cotío, pero hoxe aproveitamos a conmemoración do Día da Paz para darlle a visibilidade que merece a un sentimento e un xeito de desenvolverse no mundo e na vida. Con este obxectivo, o alumnado elaborou e puxo en común as súas ideas e propostas (tanto por medios escritos coma audiovisuais) para a procura dunha vida e un medio cheo de paz.

Campo a través

Organizada pola A.D. Arenteiro e dentro do programa XOGADE da Consellería de  Cultura, Educación e Universidade; vivimos unha xornada de actividade física no entorno natural de Puzo do Lago (Maside). Alí, o alumnado amosou a súa gran capacidade de esforzo e toda a súa valía en cada un dos percorridos e categorías.

Excursión a Cabeza de Manzaneda

Durante tres xornadas, tivemos a oportunidade de disfrtutar dunha experiencia inesquecible na Estación de Esquí de Cabeza de Manzaneda; convivindo cos compañeiros e compañeiras tanto do noso CEIP como doutros centros. Esquiamos, rimos, pernoctamos, bailamos, incrementamos a nosa autonomía... que ben o pasamos!

Voltamos ao cole

Despois de disfrutar dunhas merecidas vacacións, voltamos ao cole coa ilusión de compartir novas experiencias coas compañeiras e compañeiros... e cunha sorpresa moi especial:

Os agasallos que nos deixaron as máxicas persoas do Nadal!

Felices festas!!!

Dende o CEIP Roberto Blanco Torres, queremos aproveitar para desexarvos un bo nadal, no que disfrutar como se merece dos seres queridos. Con este motivo, festexamos unha xornada de maxia, actuacións por parte do alumnado... e dúas visitas moi especiais! Grazas a todos e todas por facela posible.

Felices Festas!

Saída ao Auditorio Municipal de Ourense

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Da man da posta en escena de "So", disfrutamos dunha xornada enchida de habilidade e simpatía cunha saída ao Auditorio Municipal de Ourense.

25N Día contra a violencia de xénero

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xenero, aproveitamos este 25N no cole para levar a cabo unha xornada adicada á prevención deste tipo de violencia e ao fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; empregando como fío conductar o conto "Vivan as uñas de cores!" de Luis Amavisca.

Magosto en familia

Hoxe vivimos un dia moi especial, compartindo coas familias unha xornada na que celebramos o magosto con actividades cooperativas, xogos populares, unha deliciosa comida; e sobretodo, moita diversíón!

Distribuir contido