"Charla Come Local"

Desta vez acompañado do queixo tamén nos explicaron un feixe de detalles sobre a orixe dos produtos!! Na galería come local podedes ver toda a información.

O diario de Pepe

Que boa experiencia foi poder contar con Rosa Cerdeira para que nos presentase o seu libriño e respondera ás nosas dúbidas. Podedes ver máis fotos na galería O diario de Pepe.

Saímos no xornal!!

Temos que recoñecer que, aínda que da algo de vergoña, fainos moita ilusión saír no xornal!! Xa sabedes que as fotos deste día témolas aquí

Día do Libro

Todxs nos puxemos mans á obra para celebrar o día do libro preparando estes marcapáxinas, tamén recibimos a visita dunha autora estupenda, pero esto queda para a próxima publicación. Guiño

Campaña "Come Local" 2022

Como sabedes formamos parte da campaña come local deste ano 2022, podedes comprobar a información aquí.

Primeiros auxilios

Canto aprendemos!! Esta nova experiencia axudounos a aprender a actuar en casos críticos nos que podemos contribuír para salvar unha vida. Mirade as fotiños aquí.

Eh! Que xa recollemos os primeiros cultivos deste ano.

Que emoción!! Marchamos de vacacións de semana santa cunha leituga baixo o brazo!!

Cambios e melloras no cole!!

Temos un montón de novidades no centro, xa sabedes que podedes ver as imaxes do cole no apartado as nosas instalación e, xa que estamos, premendo aquí.

Enchamos de cor a mancomunidade

Un dos nosos pequechos levou un premio polo traballazo no concurso "Enchamos de cor a mancomunidade" buscando potenciar a igualdade entre homes e mulleres.

Come local!

Non sabemos se será certo eso de que xs nenxs veñen cun pan debaixo do brazo. O que temos claro, é que, seguindo a campaña come local, preparamos unha merenda ben xeitosa con queixo e pan! Queredes ver máis?

Distribuir contido