Informe sobre a fenda dixital

Desde o cole queremos agradecer ás familias e ao concello por participar connosco neste proxecto. Resultou moi edificante coñecer os distintos puntos vista para poder artellar solucións comúns.

25 N

Xa está dispoñible a pequena galería na que vos amosamos como celebramos este importante día.

Grazas!

Non podemos estar máis agradecidxs ao ANPA pola súa colaboración!! Grazas a ela gozamos dun magosto no cole estupendo cos boliños preñados e as castañas, como ten que ser Guiño Mirade a galería, váisevos facer a boca auga!!

Gañadores do concurso km0 alimentación saudable

Aínda que todo o alumnado fixo un traballo fantástico, estes foron os debuxiños máis destacados!! Parabéns pequechxs!! Guiño

Invernadoiro listo!!

Un ano máis o noso invernadoiro loce así grazas a colaboración dunha das familias dos nosos pequechos que nos axudou a preparar a terra para comezar coa plantación.

Non temos excusa, os nosos mini agricultores xa poden comezar! Risa Moitísimas grazas.

Samaín

Mirade mirade!! Estades listxs para pasar medo? Pois premede aquí para ver a galería completa Guay

Visita de Pablo Nogueira

 

O pasado martes 26 de Outubro recibimos no cole a Pablo Nogueira. Contounos un dos seus fantásticos contos e contestou a todas as nosas preguntas, que non foron poucas Risa. Ademais entregámoslle un recordo no que todas as alumnas e alumnos do cole levamos traballando estes días. Xa tedes dispoñible a galería Guiño

Atención!

Preparádevos porque esto non fixo máis que comezar! Xs nosxs pequenxs agricultorxs xa están arranxando e reacondicionando o invernadoiro. Pronto comezaremos a subir fotos coa evolución. Guiño

Que estaremos tramando?

Se premedes aquí entraredes na primeira galería deste ano 2021-2022. As nosas pequechas e pequechos son uns artistas!!

O noso pequeno homiño cambia de etapa!

Iker marcha do cole!! Hoxe adicámoslle o día e entregámoslle uns regaliños. Podedes ver as fotiños aquí.

Distribuir contido