Localización

Contexto

O CEIP “Roberto Blanco Torres” atópase ubicado no Concello de A Peroxa, a unhos 15 Km da cidade de Ourense. Consta cunha extensión de 55 Km2 e dispón dunha poboación aproximada de 5.000 habitantes, agrupados nas parroquias de: Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xinés, Santiago da Peroxa, Souto, Toubes e Vilarrubín.

Os habitantes do Concello adícanse sobre todo ao sector primario, tendo como principal fonte de recursos a gandería e a agricultura. Outra fonte importante de ingresos é a explotación forestal e as residencias que se atopan no Concello: tres residencias xeriátricas, unha de enfermos mentais e unha de ASPANAS.

Actualmente, o Concello atópase nunha etapa de expansión, estanse construíndo numerosas vivendas a precios accesibles que xunto coa súa proximidade a cidade fan da Peroxa un lugar moi atractivo para novas familias.

A relación entre o Centro Escolar e o Concello é boa. O Concello colabora coas actividades propostas. Por outra banda o Concello tamén ofrece algúns servicios culturais, representacións teatrais, cursos e rondalla...

Distribuir contido