Benvidas e benvidos

 

CEIP ROBERTO BLANCO TORRES

Enderezo: A Peroxa, 3, 32150 A Peroxa, Ourense

Código Postal: 32150

Provincia: Ourense

Concello: A Peroxa

Localidade: A Peroxa

Teléfono: 988206600

E-Mail: ceip.roberto.blanco@edu.xunta.es

Ver o cole no mapa

 

Fundación ENKI

No día de onte recibimos a membros da fundación ENKI, que traballan para fomentar a inclusión dende o deporte e o ocio.

Acompañábanos algúns membros da Residencia dos Milagros. Ademais de contarnos parte do seu proxecto, agasalláronnos pintando un abecedario en lingua de signos no noso salón de actos.

Seranos de gran axuda para seguir mellorando na nosa habilidade signando.

Día do Libro

Co gallo do Día do Libro estivemos esta semana elaborando distintos materiais. 

Fixemos entre todos un mural cos nosos libros favoritos.

 

Tamén escollemos as portadas "incompletas" dalgúns libros e arreglámolas ao noso xeito.

 

Finalmente, o día 23 celebramos o I Amadriñamento lector, no que os máis maiores do cole leron contos aos máis pequenos. Foi unha experiencia ben fermosa!

 

Visita dos Axentes Forestais

 

Recibimos a visita novamente dos Axentes Forestais, que volveron incidir na importancia da preservación da nosa contorna e do coidado da Natureza. Coa súa axuda plantamos tres árbores no noso patio. Moitas grazas!

21 de marzo, Día da Poesía

Festexamos o día da Poesía cunha búsqueda do tesouro.

A profe Marta escribiu un poema sobre o noso cole, pero algunhas palabras fuxiron e agocháronse polo patio e os corredores. Pasámolo en grande buscándoas e tratando de atinar de que verso saira cada unha, para o que nos tivemos que fixar na rima.

Ao final, entre todos, creamos unha poesía ben bonita!

Xornada de Escalada

Da man do programa XOGADE puidemos desfrutar dunha mañá chea de aventura. Enfrontámonos ao rocódromo da Pista Central do Pavillón dos Remedios, que conta con case 10 metros de altura.

Recibimos unhas pequenas nocións básicas e enseguida nos puxemos cascos e arneses para comezar a escalar. Os medos iniciais foron dando paso á ambición de querer subir un pouco máis en cada intento. Quedamos con ganas de máis!

De seguro será unha experiencia para recordar. 

Quedan todas as fotos da xornada na nosa Galería.

Contacontos "Monstro de Cores"

O pasado martes o alumnado de infantil e 1º de primaria asistiu a un contacontos moi emocionante.

Para participar no "Proxecto Emocióna-T", as familias do cole viñeron a interpretar co guiñol "O Monstro de Cores".

Ao rematar, fixeron un mural colaborativo e cada alumno/a fixo o seu monstro preferido.

Xornada de Promoción de Xogos Populares

No día de onte participamos no programa de Promoción de Xogos Populares da Deputación de Ourense.

Desfrutamos dun feixe de xogos como a rá, a chave, os zancos, os aros guía, xogos de mans, trabalinguas, etc.

Quedan na galería as fotos da xornada.

Día de Rosalía

O pasado venres día 23 realizamos diversas actividades para coñecer e homenaxear á nosa escritora máis ilustre: Rosalía de Castro.

Os máis pequenos do cole fixeron un mural. O alumnado de 1º, 2º e 3º elaboraron un minilibro cos datos máis relevantes da vida e obra da escritora. Os maiores visualizaron unha presentación sobre Rosalía para despois completar un "Pasapalabra" demostrando os seus coñecementos.

Coñece o noso cole!

Distribuir contido