Libros de texto 2023-2024

Festival fin de curso

Despedimos o curso cun gran festival acompañados das nosas familias, vibrando xuntos co bo facer de todo o alumnado. Música, coreos, lingua de signos, teatro, agasallos... Moitas grazas a todos e todas por facelo posible!

Disfrutade moito das vacacións. Vémonos á volta! 

Graduación

Hoxe vivimos un día moi especial no noso cole.O alumnado de 6º de infantil mais o de 6º de primaria foi premiado polo seu esforzo e a súa adicación ao longo da súa respectiva etapa. A comunidade educativa en conxunto quísolles premiar por todo o seu percorrido cunha emotiva homenaxe. Moita sorte na nova páxina de vida que ides escribir!

Festa da escuma

Para ir rematando o curso escolar dun xeito lúdico tras o esforzo desenvolvido polo alumnado ao longo do ano; hoxe mergullámonos nunha festa de escuma na que puidemos disfrutar un día mais cos nosos compañeiros e compañeiras.

Excursión fin de curso

Hoxe celebramos a tan esperada excursión de fin de curso cunha visita á cidade da Coruña. Descubrimos o Aquarium Finisterrae, interactuando cos seus "habitantes"; desenvolvimos a nosas habilidades científicas en actividades de todo tipo na Domus; tomamos un respiro aos pes da Torre de Hércules; e rematamos a visita no Monte de San Pedro percibindo unha perspectiva distinta da cidade e sendo capaces da percorrer o seu labirinto. Qué ven o pasamos!

Actividades mes de xuño

Visita IES Julio Prieto Nespereira

O alumnado de 6º curso de primaria tivo a oportunidade de visitar o IES Julio Prieto Nespereira. Deste xeito, coñecemos  tanto as instalacións do centro, as diversas aulas coas súas correspondentes actividades; coma o personal docente e futuros compañeiros e compañeiras que foron guiando moi coidadosamente a visita.

Contacontos (Uxía Morán, Semana das Letras Galegas)

No marco da Semana das Letras Galegas, tivemos a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos grazas á visita de Uxía Morán; mergullándonos da súa man nas aventuras de "Un conto cheo de lobos", "Pirata Daniela" e "Facer Dedo"; participando activamente en cada unha delas, e favorecendo a vivencia dunha xornada moi especial. 

Exhibición de Taekwondo

Moitas grazas ao Centro Deportivo Couto e aos seus deportistas,que hoxe da man do seu mestre Tito, brindáronnos unha exhibición de distintas técnicas de Taekwondo; acompañada dos valores que se transmiten con esta modalidade deportiva. Posteriormente, o alumnado agradeceu a súa posta en escena cunha entraga de medallas de elaboración propia.

Salientar tamén a visita de Juan Carlos Eiriz López, presidente da Federación Galega de Taekwondo, ex-mestre do noso cole e veciño da Peroxa.

Maios da Peroxa

No día de hoxe, festaxamos a chegado do presente mes; con exposición dos maios que agarimosamente elaboramos coa aportación material das familias. Así mesmo, recitamos coplas propias desta temática e relativas a nosa contorna e ao noso centro (extraídas do repertorio de Don Amando). Finalmente, bailamos de xeito festivo para comezar o maio como se merece!

Distribuir contido