Actividades complementarias do mes de maio

Premio “Mulleres na ciencia”

Parabéns Inés! A nosa compañeira ven de recibir o primeiro premio do concurso "Mulleres na ciencia" (categoría Infantil), organizado pola Mancomunidade de Santa Águeda (Coles, Villamarín, Amoeiro, A Peroxa).

Día do libro

Co gallo do Día do Libro, hoxe contamos coa visita de Inma Soto; representando a súa obra "Xela a superheroína de aldea", poñendo en valor a fauna, a flora e a pertinencia do entorno natural.

Xela, a superheroína de aldea

English theatre

Durante a xornada matutina, tivemos a oportunidade de disfrutar da función tetaral "The farm"; representada por profesionais da académia Kids & us (Ourense), que acudiron ao centro presentando un gran traballo que invitou a fomentar o desenvolvemento dunha lingua extranxeira como é o inglés.

Exposición de cabaceiros

Ao longo de toda a semana, teremos acceso no centro a unha exposición que ten como eixo central os cabaceiros; contando con documentación achegada por Don Arturo, quen nos relatou a orixe, evolución e características destas construccións senlleiras do noso patrimonio.

Xogos populares

Rematamos a semana con actividades propostas polo Centro Cultural "Marcos Valcárcel", centradas en xogos populares como "a porca" ou "o pino"; que fixeron que o alumnado disfrutase e, ao mesmo tempo, recoñecese e valorase a riqueza deste tipo de xogos transmitidos de xeración en xeración, e que forman parte do noso patrimonio socio-cultural.

Xogando co atletismo

Durante a xornada de hoxe, e no marco do Deporte Escolar, o alumnado participou na actividade "Xogando ao atletismo"; amosando a súa valía e habilidade en carreira, salto, lanzamentos e remudas. Todo, nunha competencia intercomarcal que fixo posible disfrutar da práctica de actividade física en equipo.

8M Día Da Muller

Dentro do calendario de conmemoracións escolares, este 8 de Marzo deuse visibilidade á loita das mulleres por unha participación igualitaria na sociedade e un íntegro desenvolvemento persoal.

Entre as distintas actuacións, o alumnado elaborou e expuso o seu propio manifesto de igualdade e fixo mención especial ás "mulleres da súa vida".

Entroido

entroido

Un novo Entroido enche de festa e bo humor o cole.Chocolate con churros, desfiles, música... qué ben o pasamos!

 

Distribuir contido