8M Día Da Muller

Dentro do calendario de conmemoracións escolares, este 8 de Marzo deuse visibilidade á loita das mulleres por unha participación igualitaria na sociedade e un íntegro desenvolvemento persoal.

Entre as distintas actuacións, o alumnado elaborou e expuso o seu propio manifesto de igualdade e fixo mención especial ás "mulleres da súa vida".