Semana da prensa

Esta semana, con motivo da semana da prensa estivemos analizando xornais de distinto tipo! Mirade.

8M Día internacional da muller

Onte celebramos no cole esta reivindicación tan importante e necesaria. Mirade aquí

Entroido!!

Facendo click aquí iredes a galería de fotos do entroido!!

Día de Rosalía

Hoxe conmemoramos o nacemento da nosa benquerida Rosalía de Castro, podedes ver a galería

Experiencia campo a través

Todxs nós estamos orgullosísimxs da actitude dxs nosxs pequechiñxs que se esforzaron ao máximo! Non podemos máis que dar as grazas! 

Despedimos a Anas

Foi toda unha sorte poder contar co noso auxiliar de conversa. Trouxo consigo un milleiro de información e novidades da súa cultura e serviunos para mellorar e confiar nas nosas habilidades comunicativas en inglés. Foi, sen dúbida, unha experiencia fantástica!!

Máis regaliños!!

Grazas á cartiña que escribiron o concello e as familias, o Apalpador, os Reis e Papa Noel tróuxéronnos máis regaliños cos que o imos pasar en grande!!

A importancia dos tres R

Hoxe tivemos a sorte de que unha traballadora do persoal de SOGAMA viñera ao cole a informarnos sobre os procesos de redución, reutilización e reciclaxe dos recursos, resolvendo todas as nosas dúbidas e ofrecendo ideas e consellos moi útiles.

Bo nadal

Bo nadal!! Se premedes na imaxe abrirémosvos as portas do noso cole para que vexades como celebramos a chegada das vacacións de nadal Guiño Grazas, coma sempre, ás colaboradoras e colaboradores que facedes posible este tipo de actividades.

GRAZAS GRAZAS!

Que orgullosxs estamos das nosas familias!!! Moitísimas grazas por agasallarnos con estes fantásticos buzóns. Guiño

Distribuir contido