Skip to Content

TEI EP

ACTIVIDADE TEI PAT 3º

O 23 de marzo, o alumnado de 3º realizamos unha actividade do Plan De Acción Titorial dentro do programa de Titoria Entre Iguais. A actividade chámase: "Por cuatro esquinitas de nada". O obxectivo é traballar valores como a integración e a inclusión.

Información do TEI aos futuros participantes

O día 22 de marzo, o alumnado de 2ºA recibiu información sobre o Programa TEI.

E uns días máis tarde tivo lugar esa mesma sesión informativa na aula de 2ºB.

Eles son os futuros participantes deste programa e serán titorizados polo alumnado de quinto o curso que ven.

Quedaron encantados e ansiosos por participar no programa! Gustoulles moito saber que o próximo curso van ter un titor/a.

PROGRAMA TEI: O NOSO ESCUDO

   Esta semana fixemos un escudo entre os titores de 5º e os nosos alumnos titorizados de 3º. Tratábase de facer un escudo que representase as nosas afeccións, para que nos coñezamos mellor e poidamos compartilas.

Unha experiencia inolvidable!

                                                                                                                                                                            Carlota Bermúdez,   5ºA

Colaboradores TEI

Os Colaboradores do Programa TEI axudaron a crear a "Árbore da amizade".

 

 

EMOCIÓNS - 3ºEP

 

Na película "Do revés", á que o alumnado de 3º foi invitado a ver polos titores de 5º, preséntanse 5 emocións: alegría, ira, medo, asco e tristeza. Despois chegou o momento de introducir dúas emocións máis: VERGONZA e SORPRESA.

Nunha sesión, a través de actividades individuais e en grupo, este alumnado de 3º reflexionou sobre o que significan estas dúas emocións para eles e compartiu experiencias ou situacións vividas con cada unha delas.

Acceso a TEI 16-17 na galería.

 
 

 

TITORES E TUTELADOS TEI NO CINE

Os nenos e nenas de 3º acompañados  dos nosos  correspondentes titores e como actividade de cohesión entre nós, tivemos dúas sesións de cine nas que vimos unha película titulada “Do revés”.

Foron dúas sesións moi divertidas nas que ademais de disfrutar coa película, compartimos entre titor e tutelado ou tutelados nalgún caso, un cornete con saborosos flocos de millo. 

PRESENTACIÓN TITORES E TITORAS TEI

 

O pasado xoves 19 de xaneiro asistimos no noso Centro a un acto de presentación entre o alumnado de 3º e 5º de primaria, protagonistas e principais implicados no Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

A cada neno e nena de 5º presentóuselle o neno ou nena de 3º (nalgún caso máis de un) que vai titorizar. Isto supón que o titor/a adquire o compromiso de intervir, con iniciativas e boas prácticas, se o seu titorizado sofre situacións nas que detecte algún síntoma de violencia ou acoso.

Presentáronse tamén os colaboradores, de 5º curso, que sen ser titores van axudar no desenvolvemento do programa.

Despois da presentación, para fomentar  a empatía, o respecto e o compromiso entre todo este alumnado, fixeron entre eles enquisas e algún xogo. 

TEI: ENTREGA DE DIPLOMAS E CARNÉS.

O venres 20 de xaneiro tivo lugar no noso colexio, un acto institucional no que se fixo entrega ao alumnado de 5º de primaria, dos correspondentes carnés que acreditan a estes nenos e nenas como titores/as dos seus compañeiros/as de 3º. Ademais do carné, cada un deles asinou e recibiu un diploma co seu nomeamento.

Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol o 21 de xaneiro.

Premer na seguinte foto para ver as imaxes publicadas na galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut