Skip to Content

TEI EI

TEI: ENTREGA DIPLOMAS AGRADECEMENTO

O xoves 14 de xuño reunímonos no ximnasio todo o alumnado e profesorado para o acto de entrega de diplomas TEI.

 Educación Infantil:

Como agradecemento por ser un amigo/a especial!

 

5º Educación Primaria:

Como gradecemento a titores/as e colaboradores/as TEI!

E ademais: Sorteo da "Árbore TEI da amizade" (unha por cada aula de 5º)

Fotos publicadas na galería, nos álbums:

Diplomas_agrademento_EI e Diplomas_agradecemento_5º

 

PARABÉNS!

O NOSO AMIGO ESPECIAL

Actividade TEI en Educación Infantil realizada conxuntamente entre o alumnado titor e os seus "amigos/as". Utilizando as súas fotos elaboraron murais que están expostos nas catro aulas.

Fotos publicadas no álbum da galería: Amigo/a especial.

 

A MAXIA DO TEI

Os nenos e nenas de E.I. realizaron unha actividade máxica dentro do programa TEI. Co fin de aprender que traballando xuntos conseguimos moito máis, os amigos especiais colorearon por parellas un debuxo que cobrou vida despois. Utilizando a aplicación Quiver os pequenos viron como os bonecos que colorearan movíanse ante os seus ollos grazas á maxia da amizade.

TEI EI: ACTO ATENEO - RADIO VOZ

O luns 27 de novembro tivo lugar no Ateneo Ferrolán a xornada de clausura da MOSTRA “CINEMA E SOCIEDADE 2017. FALAMOS de: INFANCIA" organizada pola "Asociacion CONXEITO". Ademais dun grupo de alumnas e unha profesora do IES Carballo Calero tamén participou  a profesora de 4º EI para comentar en que consiste e como se está desenvolvendo o programa TEI en EI no noso centro. 

O acto rematou cunha GALA MENCIÓN ESPECIAL nos que se entregou un premio tanto ao IES Carballo Calero como ao CEIP Recimil.

Este mesmo día o tema foi tratado no programa de radio  Voz "Voces de Ferrol" no que tamén participou Nati, a coordinadora TEI. Pódese escoitar a súa intervención no arquivo adxunto.

ACTO TEI EI - ENTREGA DIPLOMAS E CARNÉS

O pasado luns, 27 de novembro, en presenza de todo o cole, asistimos ao acto de entrega de credenciais e diplomas ao alumnado de Educación Infantil participante. O acto foi dirixido e presentado por Nati, coordinadora do TEI, e contamos coa colaboración da que foi a anterior coordinadora e orientadora do cole, Zoraida. A quen, dende aquí, agradecemos toda a axuda que nos está a prestar.

 

 Para ver as fotos do acto, premede aquí

PRESENTACIÓN AMIGOS ESPECIAIS - TEI EI

Foi o venres 17 de novembro cando os nenos/as de 4º e 5º coñeceron os seus "amigos/as maiores". Esperaron na biblioteca, moi ilusionados/as, co agasallo que tiñan preparado para entregarlles... un corazón co seu nome!

Nati, a coordinadora TEI, encargouse de ir facendo as presentacións e da entrega dos diplomas. Foi tan emocionante coñecer os amigos/as!

Unha vez rematada a presentación compartiron nas aulas dos máis pequenos un aperitivo de "gusanitos" . Que ben lles prestaron!

Premer na imaxe anterior para acceder ás fotos publicadas no álbum da galería: Presentación amigos/as.

SESIÓN DE FORMACIÓN TEI 6º EI

Utilizando unha presentación, Nati desenvolveu a sesión de formación necesaria para que cada neno e cada nena de 5 anos pase a ser un AMIGO/A  ESPECIAL MAIOR dun ou de dous nenos/as de 3 ou 4 anos.

Nati contoulles que han de:

- Saber escoitar.

- Ser colaboradores.

- Actuar con respecto.

- Compartir.

- Axudar con palabras e xestos bonitos e tamén cun sorriso.

SESIÓN INFORMATIVA TEI 4º e 5º EI

Por medio da visualización dunha presentación guiada pola profe Nati, coordinadora TEI, os nenos e nenas de 3 e 4 anos entenderon perfectamente:

-Que o que lles gusta facer será máis divertido con amigos/as.

-Que no cole van ter un amigo/a maior co que poderán facer moitas cousas: xogar, compartir, crear...

-Que este amigo/a maior poderá escoitalos, acompañalos e axudalos con palabras bonitas ou cun sorriso.

-Que hai cousas que fan dano como pegar, empurrar, rirse dos demais, facer burla, insultar ou utilizar palabras feas.

-Que é o que se pode facer cando nos fan dano.

-Que hai cousas que nos fan sentir ben: dicindo palabras bonitas, axudando aos demais, compartindo, ríndose cos demais, deixar xogar, facer caso aos compañeiros e aos profesores.

Premer na imaxe para ver as fotos na galería.

APRENDE UNHA CANCIÓN

Como 2ª actividade de cohesión dentro do programa TEI en Educación Infantil, os nenos e nenas de 5 anos aprendéronlles cancións aos seus amiguiños/as de 3 e 4.

Os pequenos/a de 3 anos aprenderon "Con mi dedito digo si, si" e os de 4 "El rock de las emociones".

Divertíronse moito coa actividade!

 

 

 

TEI INFANTIL: OBRADOIRO DE ARTE

Os nenos e nenas de Educación Infantil realizamos, como actividade de cohesión, un obradoiro de arte enmarcado no programa TEI. Nun gran mural pintamos as siglas TEI e estampamos as nosas mans con témperas de cores. Foi moi divertido botar un pouco de pintura nunha man e frotala coa man doutro compañeiro para logo estampala. Que ben o pasamos!

Queredes ver algunhas fotos? Pois están publicadas no álbum "Obradoiro arte" da galería. Tamén se pode acceder premendo na seguinte imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut