Skip to Content

TEI EP

DO REVÉS. EMOCIÓNS

Alumnado titor e titorizado xuntouse nas aulas de 5º EP para ver a película "Do revés", que serviu de partida para, en días posteriores, traballar o descubrimento das emocións.

 

As fotos das actividades de titoría iranse publicando no álbum "Actividades titoría" da galería da páxina web.

 

 

ACTO TEI - 9 OUTUBRO 2017

     Acto de entrega de diplomas e carnés ao alumnado titor e colaborador do programa TEI, presentado por Nati, a profesora substituta da coordinadora do programa. Os encargados de facer a entrega foron: unha nai como representante das familias, Zoraida, o Delegado Provincial da Xunta, o Xefe Territorial de Educación e o Director do CFR.      Foi un acto moi emocionante, especialmente para estes nenos/as de 5º que recoñecían que se atopaban un pouco nerviosos.

Premer na imaxe para ver as fotos publicadas na galería.

Enlace á noticia publicada no "Diario de Ferrol" o 10 de outubro.

PRESENTACIÓN ALUMNADO TITOR E TITORIZADO TEI

     O 6 de outubro tivo lugar a presentación do alumnado participante no TEI: titor-titorizado e colaborador.

     A continuación xuntáronse para completar unha ficha que serviu para empezar a coñecerse un pouco máis.

TEI 2017/18: SESIÓNS INICIAIS DE INFORMACIÓN E FORMACIÓN

Comezou a andadura do TEI deste curso coas sesións de información para o alumnado titor e titorizado e a sesión de formación para o alumnado titor (5º EP).

E tivemos a sorte de contar con Zoraida, ata o curso pasado orientadora e xefa de estudos no CEIP Recimil, para encargarse de moderar estas primeiras actividades.

MOITAS GRAZAS, ZORAIDA!

O TEI NUN FORO EDUCATIVO

O TEI vai deixando pegadas do noso cole...

No Pazo de Mariñán, o 5 de maio, nunhas "Xornadas de Equipos Directivos". (Relatorio TEI)

En Vigo, o 28 de maio, no I FORO DE EDUCACIÓN, onde Luna e Miguel (5ºEP), unha vez máis, falaron da súa grata experiencia como titores TEI. (Imaxe da noticia publicada no xornal).

Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal

RELATORIO SOBRE O TEI

Un alumno de 5ºA e unha alumna de 5ºB fomos, o pasado venres 5 de maio, a unhas "Xornadas de Equipos  Directivos" que se celebraron no Pazo de Mariñán. Explicámoslles como funciona o TEI no noso cole.

A nós pareceunos unha moi boa experiencia.

(Premer na imaxe para vela en tamaño orixinal).

                              Luna López e Miguel Trillo

                              5ºB           5ºA

VISITOUNOS O CREADOR DO PROGRAMA "TEI"

O mércores 26 de abril recibimos a visita de Andrés Bellido, creador do programa TEI.

No ximnasio reuniuse cos actuales participantes do TEI, o alumnado de 5º e 3º, e tamén cos que van ser futuros titores e titorizados, os nenos e nenas de 4º e 2º.

Despois da presentación e dunhas palabras de Andrés os rapaces fixéronlle algunhas preguntas tan interesantes e elocuentes como:

Creaches máis programas que este?

Como se che ocurreu?

Como conseguiches ser profesor?

Vas crear máis programas? (A esta contestou que estaba implantando unha experiencia piloto en Educación Infantil).

Por que nos cursos de 3º e 5º?

Por que se che ocurreu chamarlle TEI?

Como chegou o TEI a Galicia?

Fuches a todos os países onde está presente o TEI?

O COLE DEIXA PEGADA

Todo empezou coa creación da "ÁRBORE DA AMIZADE", coa axuda dos colaboradores do programa TEI.

Despois foron os titores e titorizados os primeiros en deixar a súa pegada na árbore.

O 7 de abril foi a quenda das pegadas do resto do alumnado do centro.

Por iso nos está quedando tan ben esta árbore que está exposta na entrada principal do centro.

Pero... aínda faltan pegadas... Non si?

 

COLOCAMOS AS NOSAS FOLLAS NA ÁRBORE DA AMIZADE

Os participantes do TEI por parellas, titor e titorizado, deixaron a súa pegada na árbore da amizade.

ACTIVIDAE TEI PAT 5º

O 23 de marzo, o alumnado de 5º realizou unha actividade do Plan de Acción Titorial, dentro do programa  de Titoría Entre Iguais. A actividade denomínase "Unha nova vida" e ten como obxectivo traballar valores como a empatía e a inclusión.

Distribuir contido


by Dr. Radut