Skip to Content

TEI EP Curso 2018/19

ACTIVIDAD TEI

 Os de 5º vimos un vídeo no que un neno roubou nunha tenda medicinas para a súa nai e a muller da tenda chamoulle a atención e un señor doutra tenda lle pagou as dúas aspirinas.

 30 anos depois o señor que lle pagou as dúas aspirinas desmaiouse e a filla levouno ao médico, e resultou que a operación custaba moitos cartos que eles non tiñan. O médico é o neno de hai 30 anos e dille á filla do señor que xa está pagada a operación coas dúas aspirinas de hai 30 anos.

Este é o enlace ás fotos na galería, para que descargues unha ou máis fotos para acompañar o texto: Act. titoría_inclusión EP

Alicia 5ºA

XOGOS COS NOSOS TITORIZADOS (TEI)

O luns 11 de febrero fixemos uns xogos cos alumnos de 3ºB.

Xogamos ao baloncesto, á indiaca, á diana e ao ultimate, que é un xogo de frisbi.

Ao final, preguntáronos cal foi o que máis nos gustou... e houbo de todos os gustos:

- Prefiro ultimate! -dixeron algúns.

- Eu quero baloncesto! -dixeron outros.

Foi moi divertido!

 

                                                      

HUGO e YERMA (5ºA)

ACTIVIDADE TEI: VÍDEOS

O alumnado de 5ºA e o de 3ºB vimos uns vídeos.

Un deles era dun coello e un mago. O coello quería comer unha cenoria. O mago só pensaba nel mesmo, entón o coello atrapábao nos trucos de maxia. Ata un momento en que o mago estaba en perigo e o coello salvouno, e grazas ao coello el fíxose máis famoso. O mago deulle ao final a cenoria.

Outro era dun neno que estaba xogando coa consola e a nai regaloulle un can, o neno colleu o can e viu que non tiña perna e tirouno ao chan. Despois deulle pena e saiu co seu can fóra pero primeiro colleu as súas muletas porque a el tamén lle faltaba unha perna.

E ó último é o dunha nena chamada María que xogaba cun neno que non se podía mover todos os días. Un día o neno púxose enfermo e María bailou con el. Ao día seguinte o neno morreu. María púxose moi triste e de maior aínda levaba un recordo del.

ALICIA (5ºA)

ACTIVIDADE DE TITORÍA TEI (EP): EMOCIÓNS

Última actividade TEI do primeiro trimestre realizada o 20 de decembro de 2018.

Partindo dun fragmento da película "Inside out" (Do revés) o alumnado de 5º (nas súas respectivas aulas) e o de 3º (na biblioteca) traballaron, tanto individualmente como en grupo, as cinco emocións básicas: alegría, tristeza, medo, noxo e ira.

Premer na imaxe para acceder á galería.

O TEI NA TVG

ACTIVIDADE TEI: "O NOSO ESCUDO"

O martes 23 de outubro, xuntáronse os nenos e nenas de 3º e 5º para facer o seu escudo.

ENTREGA DIPLOMAS E CARNÉS TEI 5º EP

O mércores 16 de outubro os alumnos/as de 5º EP recibiron os diplomas de nomeamento así como os carnés que os acreditan como titores/as TEI. Moitas grazas a Zoraida e a Elena (presidenta da ANPA) pola súa participación no acto.

 Fotos publicadas na galería, no álbum: Acto TEI EP

 

INICIO DO TEI CURSO 2018/19

Coas sesións informativas en 3º e 5º (impartidas por Sara, a actual orientadora) e as formativas en 5º (impartidas por Zoraida, que tamén foi orientadora ata a súa xubilación en setembro de 2017) comeza o programa TEI en Educación Primaria neste curso 2018/2019.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut