Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria recibían unha pequena charla informativa de Xesta natureza para invitar a estes cursos a participar na Romaría do rapaz.
A Romaría do Rapaz voltará a Siador o vindeiro domingo día 27, nun formato distinto, con só dúas actividades. Haberá unha carreira de orientación pola mañá e un espectáculo de circo aéreo en horario de tarde.
En canto á carreira, está será a segunda vez que se celebre unha proba deste tipo en Silleda. A proba discorrerá polo entorno de Siador, onde se atopan lugares emblemáticos como a sobreira –unha das ábores senlleiras de Galicia-, ou o pazo de Sestelo. As inscricións para a proba , de balde para os participantes, poden facerse de xeito individual ou en grupo. O prazo está xa aberto e rematará o vindeiro xoves día 24. As persoas ou familias interesadas poden inscribirse a través da web de Xesta Natureza ou ben no propio Concello, chamando ao teléfono 986 580000 (no departamento de Cultura).
Xa pola tarde, ás 19 horas, chegará ao anfiteatro de Siador o espectáculo “Máis alto ainda”, a cargo de Desastronauts, a máis espectacular compañía de aéreos de Galicia.