CEIP Ramón de Valenzuela

Entroido 2021

Neste ano especial dende o cole gozamos do Entroido con varias actividades. Convertímonos en caminantes que chegan a Santiago, nas aulas divertímonos cos disfraces de cada compañeiro/a e tamén asistimos dende as fiestras do cole o "Alto dos xenerais".

No seguinte video podedes ver o alumnado do centro disfrazado e gozando do Entroido.

 

 

 

Día Mundial da Radio 2021 – World Radio Day 2021

A radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós.

Aínda que xa ten máis de cen anos a radio evolucionou co mundo, innovando, adaptándose ás novas realidades socias e tecnolóxicas, pero sempre mantendo a súa capacidade de conectarnos.

O 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man das nosas avoas, dos nosos pais, dos nosos tíos, das bisavoas … de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio.

Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en BandeiraCEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

Día Mundial da Radio: Novo mundo, nova radio

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades. Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar.

Radio Garabullo, a nosa Radio, a Radio do Ceip Ramón de Valenzuela quere sumarse a esta celebración cunha serie de actividades que estivemos preparando  para esta xornada e que iremos descubrindo pouco a pouco.

 

 

Un "atranque" dende a fiestra

Preme na imaxe e accede ao contido que adica o Faro de Vigo ao noso centro.

"Altos dos xenerais 2021"

Xa podedes disfrutar do espectáculo ofrecido polo alumnado do noso centro, onde puxeron de manifesto o seu gran inxenio.

 

"Alto dos xenerais"

Un ano máis, o noso cole, tivo a oportunidade de disfrutar do Entroido de Bandeira coas arengas do "Alto dos xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un gran esforzo dos nenos e mestres. A canteira dos xenerais do Ulla segue máis viva que nunca en tempos máis que complicados para correr o entroido. Estade atentos a nosa Web xa que subiremos todo o acontecido esta mañá.  Non perdades a oportunidade e que VIVA o ENTROIDO!!!!

(Martín esta mañá diante dos compañeiros do CEIP Ramón de Valenzuela)

 

(Representantes do "Alto dos xerenais 2021")

4 de febreiro día Mundial Contra O Cancro

Polos que loitaron. Polos que loitan. Polos que loitarán. Porque algún día esta enfermidade sexa só un recordo.

#DíaMundialContraOCancro

 

Pombiñas da Paz

O alunmnado de Educación infantil elaborou as súas pombiñas viaxeiras para conmemorar o día da Paz. No seguinte video poderedes comprobar o gran traballo feito!!

 

Bandeira brilla en Ecovoz

Esta mañá o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela participou nunha nova edición do programa Ecovoz.

Os nenos e nenas competiron en inxenio para defender os contidos aprendidos e así facer fronte as preguntas que Fran Rodríguez lles iba dicindo. 

 

 

Preguntas iniciais do programa 

 

Para saber en que desencadenou o enfrontamento do noso centro cos compañeiros/as do Ceip Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras, deberedes acudir o próximo venres día 5 de febreiro as vosas radios.

As emisoras de Radio Voz en Galicia ofrecerán, cada venres de 17.00 a 18.00 horas, a nova tempada do programa medioambiental Ecovoz, que vai xa pola súa edición número 22. O espazo, que conta co apoio de Sogama, será presentado por Fran Rodríguez e María Meizoso. A pesar das restricións impostas pola pandemia, Ecovoz seguirá a manter o concurso escolar Ecopreguntoiro no que participamos esta mañá. Alumnos de 16 colexios galegos participarán, a través de Zoom, en cada unha das sesións.

"Nesta novo curso serán o CEIP Condesa de Fenosa de O Barco, Ramón de Valenzuela de Silleda, Luis Seoane de Mera Oleiros, A Lama, Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, O Salvador de A Pastoriza, Xesús San Luís Romero de Carballo, A Ponte de Ourense, Laredo de Redondela, O Coto de Negreira, San Vicenzo de Vimianzo, CPR La Merced de Sarria, Manuela Rial Mouzo de Cee, Pablo VI Fátima de A Rúa, Santa Juana de Lestonnac de Ferrol e Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra". 

Menú comedor mes de febreiro 2021

Powered by Drupal - Design by artinet