CEIP Ramón de Valenzuela

7 de Abril día mundial da saúde

O Día Mundial da Saúde xorde no 1948, cando na Primeira Asamblea Mundial da Saúde se propón celebrar esta data para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Desde 1950, todos os 7 de abril celebramos esta data, a cal se centra cada ano nunha temática de saúde de relevancia para a comunidade internacional.

 

En 2020, o Día Mundial da Saúde sorprendeunos no medio do estrito encerro decretado na maioría dos países do mundo, debido á grave pandemia COVID-19.

En 2021, e con tempo para reflexionar, a Organización Mundial da Saúde fai fincapé nas desigualdades que existen e que condenan á enfermidade ás poboacións máis pobres.

O lema do Día Mundial da Saúde 2021 é: "Construír un mundo máis xusto e saudable".

Esta reivindicación é máis importante ca nunca no actual contexto que vivimos por mor da crise da COVID-19. 

Dende o CEIP Ramón de Valenzuela, unímonos á celebración desta data e reivindicamos e agradecemos a importante labor de todos e todas as profesionais que traballan pola nosa saúde e que son fundamentais para acadar o obxectivo de desenvolvemento sostible número 3 da Axenda 2030, isto é  «garantir unha vida sa e promover o benestar para todos e todas a calquera idade».

O alumnado de segundo de Educación Primaria traballou esta conmemoración coa axuda de dúas nais do alumnado deste curso, neste pequeno video podedes ver o gran traballo feito!!!

 

O colexio Ramón de Valenzuela ponse guapo con once árbores novas

Non te perdas as novas do noso cole hoxe na Voz de Galicia 

Día mundial da poesía

 O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis preciosas de expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis sinxelo nun poderoso catalizador de diálogo e paz.

 

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir as tradicións orais dos recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura e aumentar a visibilidade da poesía nos medios de comunicación. Mentres a poesía segue unindo a xente de todos os continentes, todos están invitados a unirse, como fixo o alumnado de 4º de Educación primaria no video que os deixamos a continuación para conmemorar esta data.

 

Notas segundo trimestre

 Lembrámosvos que o venres 26 de marzo publicaranse na aplicación AbalarMóbil as notas do 2º trimestre.

 

Día Internacional da Muller

Neste mes de homenaxe a tódalas mulleres, rematámolo cun recordo do programa da nosa radio que celebramos o pasado 8 de Marzo co alumnado de 6º de Primaria. Esperemos que vos guste e que aprendades máis datos acerca desta data tan significativa para a sociedade!

 

21 Día internacional dos bosques

O Día Internacional dos Bosques celébrase o 21 de marzo de cada ano e o seu principal obxectivo é concienciar ao home da importancia de coidar e preservar todas as áreas forestais do planeta e con el a supervivencia de tódalas especies.

 

Escolleuse esta data porque o 21 de marzo coincide coa entrada da primavera no hemisferio norte e coa do outono no hemisferio sur.

 

Un ano máis o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela súmase a esta celebración plantando unha árbore cada clase no entorno próximo do Colexio. A primeira hora, tocoulle o turno ao alumnado de Educación Infantil que plantaron a súa árbore no patio do colexio. Ao longo da mañá os nenos e nenas de primaria farán a súa plantación no Coto da Gaiteira. Estade atentos a nosa web que colgaremos un resumo deste día!!

8 de Marzo día da muller 2021

Un ano máis o alumnado do CEIP Ramón Valenzuela traballou a conmemoración do 8 de Marzo " Día da muller traballadora".

 

Deixámosvos un pequeno resumo dalgunha das actividades que se levaron acabo. (Preme nas imaxes e difruta de novo do traballo feto po os noso compañeiros).

 (Disfrutade do programa de radio das nosas pioneiras)
 
 
 O RAP das Pioneiras Galegas que abriron camiño.

 

 

Día de Rosalía 2021

Preme na imaxe para accerder o poema grabado polo alumnado de 5 anos na nosa radio

 

Disfruta do video do alumnado de 1º conmemorando este día

Segunda fase no Ecopreguntoiro

 Esta mañá o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela participou nunha nova edición do programa Ecovoz correspondente aos cuartos de finais do programa Ecopreguntoiro.

Os nenos e nenas competiron en inxenio para defender os contidos aprendidos e así facer fronte as preguntas que Fran Rodríguez lles iba dicindo. 

Para saber en que desencadenou o enfrontamento do noso centro cos compañeiros/as do Ceip Manuela Rial Mouzo, de Cee, deberedes estar atentos as emisoras de Radio Voz en Galicia que ofrecerán, cada venres de 17.00 a 18.00 horas, a nova tempada do programa medioambiental Ecovoz.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet