Skip to Content

TIC

Videotitorial sobre AbalarMóbil

Para coñecer as posibilidades de AbalarMóbil e aproveitar mellor o seu potencial como ferramenta de comunicación escola-familia, achegamos este vídeo:

Videoconferencias con CiscoWebex co alumnado

Se estades convocados polo voso profe a unha videoconferencia co programa Cisco Webex, podedes visualizar este vídeo elaborado pola Consellería de Educación. Semella moi sinxelo. Só tedes que coñecer o enderezo web (eduxunta.webex.com) e o número da sala e o contrasinal, que vos chegará por abalarmóbil. Mirade o vídeo:

Repositorios de contidos

Ofrecemos varios repositorios de contidos con actividades interactivas para traballar as diferentes competencias a través da competencia dixital:

  • Espazo Abalar: Contén materiais, tamén en galego, realizados por profesorado e grupos de traballo clasificados por área, etapa e outros criterios.
  • Jueduland: Grande cantidade de recursos interactivos clasificados por bloques de contidos, cursos, áreas...
  • CEIP Loreto: Recursos interactivos distribuidos por cursos, áreas, libros e editoriais.
  • ThatQuiz:Posúe unha colección de actividades de diferentes áreas que se poden personalizar.

Outra páxina de interese:

 

A aula de Informática ábrese nos recreos

A partires do 1 de decembro, a Aula de Informática abrirá as súas portas durante os recreos para acoller ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que desexe utilizar os ordenadores para buscar información ou realizar investigacións relacionadas co traballo de clase.

O horario será de 11:50 a 12:10 h. A distribución por días:

LUNS: 4º Primaria

MÉRCORES: 5º Primaria

XOVES: 6º Primaria

VENRES: 4º-5º-6º Primaria

O alumnado de 5º e 6º interesado reunirase diante da clase de 6ºC, no terceiro andar.

O alumnado de 4º reunirase no segundo andar na mangueira máis próxima á escaleira interior.

Servidor do Centro

No noso centro contamos cun servidor para almacenar recursos didácticos obtidos na rede ou creados polo profesorado que poden ser utilizados en calquera ordenador do colexio, independentemente da aula onde estea situado.

Os materiais aquí albergados son accesibles unicamente desde o colexio, non desde o exterior. Isto supón vantaxes e inconveniente:

  • VANTAXES: velocidade, é independente de Internet, flexibilidade, personalización, ampliable...
  • INCONVENIENTES: só traballo desde a rede interna do colexio: non se pode acceder a el desde casa ou outros puntos exteriores á rede interna do centro.

Para acceder a el, basta con escribir este enderezo nun navegador web (Firefox ou Chrome): 10.44.10.250/recursos

Se queredes subir recursos interactivos poñédevos en contacto co coordinador TIC.

Á vosa disposición un manual de uso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut