Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

O alumnado de 3ª de Primaria visita a Comisaría de Policía

O alumnado de terceiro de primaria visitamos a comisaría da Policía Nacional. Coñecimos o museo, montamos nos vehículos policiais, subimos ao heliporto……
Pasamos unha mañá estupenda.

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Comisaría_3P

VISITA A GADIS

 

O alumnado de 3º de primaria, realizou unhas visitas ao supermercado Gadis nas que moi amablemente nos explicaron como facer un menú saludable, e incluso nos agasallaron cunha froita e un plato para poñer en práctica todo o aprendido. 

Fotos Entroido Grupos

Para ver as fotos a maior tamaño, premer aquí.

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido_grupos

Fotos Desfile Entroido

Para ver as imaxes a maior tamaño, premer aquí.

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido_desfile

Fotos Día da Paz por grupos

Álbum: Curso 2023-24 -> Día_da_Paz_grupos

Día da Paz

A conmemoración O DÍA DA PAZ desenvolveuse cunha serie de actividades en todos os niveis e grupos:

  • O alumnado que participou na gravación do baile de Clan ensinoulle a compañeiros doutros cursos a coreografía.
  • O coro do colexio ensaiou e gravou a canción VOAMOS, na nosa lingua.
  • Todo o centro colaborou nunha actividade plástica "As cores da Paz" que consistía en crear unha colaxe moi colorida do cadro "Guernica" de Picasso. Así, ademais de apreciar a arte deste gran pintor, traballáronse as figuras presentes no cadro, o seu significado, o tráxico que resulta un conflito bélico, os desastres da guerra... Cada un segundo o seu nivel.
  • Todo o alumnado decorou unha pomba da paz, pero neste caso, tamén chea das cores da paz. Cada nivel dunha cor determinada, para poder formar un arco da vella cando se coloquen axeitadamente na cabeza e nunha orde establecida.

Hoxe, 30 de novembro, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para formar ese arco da vella e bailar ao son da música coa coreografía de VOAMOS.

Antes, escoitamos estas palabras en boca do profe Tony:

A paz, a non violencia, a convivencia constrúese día a día, en cada momento. Hoxe celebramos o Día da Paz, día da non violencia escolar, pero ademais, poñemos en valor a importancia dun xesto.
Porque, canto pode chegar a significar unha aparente pequena acción nosa?
Pois moito, moito máis do que podemos pensar!
Dende a tele, dende a canle de TVE, Clan, invitáronos xa fai un tempo a bailar para que ningún compañeiro e ningunha compañeira se sentise só, ou se sentise apartado sen amigos, sen amigas.
Esa invitación provocou unha cadea de feitos que hoxe nos ten a todas e todos aquí, para bailar xuntos en prol da non violencia.
Despois de tomar e adaptar a canción "Voamos", de facela nosa, de cantala na nosa lingua, hoxe tamén bailamos pola paz.
Así que recordade para cada día, os nosos xestos teñen moita máis importancia da que podemos crer, e aquí temos o exemplo no que un regueiro de ilusión e ánimo nos leva a voar xuntos! Voamos!!!

Álbum: Curso 2023-24 -> Día_da_Paz

Vídeo Volamos - O noso cole

Vídeo Volamos de Clan TVE

Vídeo colaborativo de Clan TVE "Volamos", de Martina y Welelo, no que o noso centro participou.

Fotos Nadal Grupos no vestíbulo

Pódense ver as fotos a maior tamaño na galería correspondente.

Álbum: Curso 2023-24 -> Fotos_Nadal_Grupos
Distribuir contido


by Dr. Radut