Skip to Content

6º Curso

Encontro do alumnado de 6º Primaria co escritor Xabier Domínguez

O martes 23 de abril, Día do Libro,  Xabier Domínguez, escritor, profesor e editor, desenvolveu un encontro co alumnado de 6º de Primaria no salón de actos do centro. Foi estupenda a coincidencia da conmemoración e do encontro co autor.

Durante o segundo trimestre traballamos a lectura libro "Segredos soterrados" de Alba de Evan e Xabier Domínguez.

O escritor explicounos o proceso de creación dun libro con dous autores, a importancia da industria da edición para xerar riqueza e emprego e falou de detalles sobre as dúas historias que conforman a acción: unha con bases históricas e outra coa fantasía necesaria para atraer aos lectores.

Despois de responder as preguntas dos lectores, Xabier asinou os exemplares de cada un. Un encontro moi especial!

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Xabier_Dominguez

Batucada sexto de primaria

O venres 22 de xaneiro tivo lugar no noso centro un obradoiro de batucada "Ecopercusión" parao o alumnado de sexto de primaria. Durante dúas horas, o ritmo foi o protagonista da xornada escolar.

Álbum: Curso 2023-24 -> Batucada
Distribuir contido


by Dr. Radut