Skip to Content

Orientación - INCLÚE-T

DÍA DA PARÁLISE CEREBRAL

Podes imaxinar a túa vida, sen decidir nada en todo o día?

# yo decido… así é o lema deste ano das persoas que teñen Parálise Cerebral. Que non poidan comer ou vestirse por sí mesmas… non quere decir que non poidan decidir qué cousas queren facer.

Poder tomar decisións na vida fai os nenos e nenas independientes.

#yo decido

30 SETEMBRO DÍA DO TEL

Dende 2016, cada 30 de setembro conmemórase Día internacional do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), unha alteración da comunicación que interfire no desenvolvemento, comprensión, adquisición e expresión da linguaxe en nenos e nenas.

OS BOLECHAS E A INTEGRACIÓN

Nesta entrada deixámosvos un capítulo de "Os Bolechas " no que se reflexionan sobre a importancia da integración das persoas con diversidade funcional.

 

TDAH

Hoxe27 de outubro, temos que dar visibilidade ao TDAH (Trastorno por déficit de Atención e Hiperactividade), é o trastorno máis frecuente en nenos,nenas e adolescentes, dende as distintas asociacións piden dar visibilidade a este trastono para que entre todos se trate de axudar, mellorar e vencer as trabas que se atopan na vida cotia.

#tdahvenciendotrabas 

UNIDOS POLA DISLEXIA

Hoxe é o día internacional da Dislexia. Baixo o lema # UNIDOS POLA DISLEXIA, queren facernos recapacitar na importancia de detectar este trastorno de aprendizaxe de xeito temperán para darlle unha resposta educativa axeitada, e así poder BRILLAR.

 

O noso centro conta co método DIVERLEXIA, un método para ensinar de forma distinta a quen aprende de xeito diferente.

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

Hoxe conmemórase o día da Parálise Cerebral, co lema #168 horas, facendo referencia ás horas que ten unha semana e ás horas que as persoas con parálise cerebral precisan axuda. 

Sabemos que eles precisan axuda para moitas cousas; pero tamén sabemos que con estas axudas eles son capaces de chegar moi lonxe...

Así que non perdamos o tempo... e dediquemos 168 horas pola inclusión.

 

UN PASO MÁIS NA INCLUSIÓN

Estas semanas no noso centro colocáronse uns pictogramas para mellorar a accesibilidade cognitiva, facilitando que todos os membros da comunidade educativa coñezan e comprendan os múltiples elementos do noso centro. Esta é unha condición básica para a inclusión educativa, para isto colocáronse pictogramas que melloran a accesibilidade aos distintos espacios do centro. Estes cambios fixéronse realidade grazas á participación do noso centro no contrato programa (INCLÚE-T)

A continuación unha pequena mostra fotográfica.

 

#PODO APRENDER #PODO TRABALLAR

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES NO DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

 

 

#DiaMundialAutismo

2 de Abril." Día mundial da concienciación do Autismo"

Achégase o 2 de abril "Día Mundial da concienciación do autismo".  Este ano baixo o lema "PODO APRENDER, PODO TRABALLAR", invítasenos a reflexionar sobre o dereito das persoas TEA a unha educación inclusiva que promova o seu éxito académico e persoal. 

"FAI UN XESTO POLO AUTISMO"

Se queredes apoiar esta campaña sacade unha foto sostendo na vosa man un utensilio ou ferramenta. 

Enviade as fotos ao correo: actividadesceippracticas@gmail.com

 

21 de Marzo. Día Mundial do Síndrome de Down

O vindeiro 21 de Marzo é o Día Mundial do Síndrome de Down e non debemos de deixar de reivindicar o dereito á inclusión e o respecto pola diversidade.

O 21 de Marzo invítase a levar calcetíns desparellados.

Qué vos parece se nós tamén nos unimos?

 

NESTE 21 M PONTE CALCETÍNS DESPARELLADOS E REIVINDICA O VALOR DA DIVERSIDADE.

"Tan diferentes como iguais"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut