Skip to Content

A nosa biblioteca

RECUNCHO DE LECTURA

RECUNCHO DE LECTURA de mtesouro8

23 de abril

VERBATECA

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL, PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA PROMOVIDA POLO CONCELLO DE OURENSE, VERBATECA LABORATORIO DE PALABRAS.

PASÁRONNO XENIAL NA ACTIVIDADE E LEVARON UN COFRE PARA GARDAR PALABRAS DE AGASALLO.

GRAZAS PIRATAS!!

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 

Este ano o alumnado de 6º de EP animouse coa lectura en inglés.

 

O grupo do club de lectura m&m´s reúnese os mércores na aula de polos creativos.

 

 

 

 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 

 

Os libros que o alumnado elexiu para a lectura xa están preparados esperando á nova reunión dos grupos do club.

 

MOITAS NOVIDADES PARA A BIBLIOTECA

 

Chegou o entroido

VIVAN LA UÑAS DE COLORES

A conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, xunto con outras autoridades, visitou o noso centro para poñer de relevo a importancia do Plan Proxecta - Donas de si.

Despois de visitar algunhas instalacións do centro, na biblioteca catro alumnos/as de sexto de primaria contaron o conto"Vivan las uñas de colores" a alumnado de primeiro de primaria e ás propias autoridades. O alumnado disfrutou do excelente traballo dos contacontos e a sesión foi moi produtiva.

 

Día da Ilustración 2024

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Chichi Campos, pioneiro do humor gráfico.

30 de xaneiro

Para  conmemoración O DÍA DA PAZ fixemos varias actividades:

  • Dende a biblioteca do centro fixemos unha pequena escolma de libros.
  • O alumnado que participou na gravación do baile de Clan ensinoulle a compañeiros doutros cursos a coreografía.
  • O coro do colexio ensaiou e gravou a canción VOAMOS, na nosa lingua.
  • Todo o centro colaborou nunha actividade plástica "As cores da Paz" que consistía en crear unha colaxe moi colorida do cadro "Guernica" de Picasso, relacionado co PDI A ARTE.
  • Todo o alumnado decorou unha pomba da paz, pero neste caso, tamén chea das cores da paz. Cada nivel dunha cor determinada, para poder formar un arco da vella cando se coloquen axeitadamente na cabeza e nunha orde establecida.

Hoxe, 30 de novembro, todo o alumnado e profesorado saíu ao patio para formar ese arco da vella e bailar ao son da música coa coreografía de VOAMOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut