Skip to Content

XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "ARTE NA TÚA CIDADE"

Última hora

Cartel concurso

Información sobre o Punto Laranxa

O Punto Laranxa físico está no vestíbulo de entrada ao centro. O Punto Laraxa dixital está nesta web, na columna da dereita, debaixo do Calendario.

 

Información Admisión Curso 2024-2025

Encontro do alumnado de 6º Primaria co escritor Xabier Domínguez

O martes 23 de abril, Día do Libro,  Xabier Domínguez, escritor, profesor e editor, desenvolveu un encontro co alumnado de 6º de Primaria no salón de actos do centro. Foi estupenda a coincidencia da conmemoración e do encontro co autor.

Durante o segundo trimestre traballamos a lectura libro "Segredos soterrados" de Alba de Evan e Xabier Domínguez.

O escritor explicounos o proceso de creación dun libro con dous autores, a importancia da industria da edición para xerar riqueza e emprego e falou de detalles sobre as dúas historias que conforman a acción: unha con bases históricas e outra coa fantasía necesaria para atraer aos lectores.

Despois de responder as preguntas dos lectores, Xabier asinou os exemplares de cada un. Un encontro moi especial!

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Xabier_Dominguez

O alumnado de 3ª de Primaria visita a Comisaría de Policía

O alumnado de terceiro de primaria visitamos a comisaría da Policía Nacional. Coñecimos o museo, montamos nos vehículos policiais, subimos ao heliporto……
Pasamos unha mañá estupenda.

Álbum: Curso 2023-24 -> Visita_Comisaría_3P

Sorteo estancia para dúas persoas en hoteis con encanto - Excursión 6º

Ás 10 h do día de hoxe, 26 de abril, celebrouse no centro o sorteo dunha estancia para dúas persoas en hoteis con encanto, organizado polo alumnado de 6º de Primaria, para financiar a viaxe de fin de curso a Cantabria.

O boleto premiado é o nº 01756

Vida - Portas Abertas 2024

Fotos Entroido Grupos

Para ver as fotos a maior tamaño, premer aquí.

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido_grupos
Distribuir contido


by Dr. Radut